CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


xoves, 5 de xullo de 2007

NON SOMOS TAN TORPES COMO NOS PARECE

Hai un momento que din unha charla ós socios da ADSG Gandosan A Capela, da que son veterinario responsable xunto co meu compañeiro José A. Rodríguez, Vila para os compañeiros. A charla versaba sobre o Programa de D-D-D (Desinfección-Desinsectación-Desratización) e nocións de Benestar animal. Posiblemente un pouco monótono por que dedicir obviedades pois como que soa a tonto, ¿non?. Pero as cousas que son obvias temos que decilas tamén por que somos moi dados ó esquecemento e perdemos perspectiva do que temos perto de nós e pensamos que o foráneo sempre é o mellor. E non é certo. Poden ter cousas boas pero non todo. Isto ben un pouco a tentar desmitificar a sensación que temos de nós mesmos.

Hoxe escoitamos ó presidente Touriño e tamén ó vicepresidente Quintana decirlle ó responsable de tráfico que ás súas palabras foron desafortunadas por decir que somos pesimistas e que nós cremos que non somos quen de reducir os sinistros na carretera. Non somos conformistas nin con eso nin co resto dos temas. Comenzamos a crer pouco a pouco nas nosas capacidades en tódolos ámbitos. Fomos quen de competir e gañar un contrato importantísimo para a construcción naval militar, dixou Vicente Irrisari: xogabamos nunha liga de primeira con equipos de primeira e gañamos, dixoo o Presidente da Xunta tamén, outros dixéronno coa boca pequena pero ahí estamos.

Somos quen de xogar unha boa partida de axedrez, en onde ás veces temos que sacrificar unha torre ou dama para poder conseguir unha boa posición e gañar. Quero decir que si ás veces a xenté ve que se perden oportunidades hai que ser capaces de explicarlles o por qué das cousas, moitas veces temos que esperar o momento oportuno pero non titubear.

Hoxe tiven a oportunidade de decirlles ós socios a sensación que saquei dunha charla sobre a erradicación dunha enfermidade (IBR=Rinotraqueite Infecciosa Bovina) que organizou o Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Galicia, na que participaron altos representantes das administracións das comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria e Pais Vasco, e mailo M.A.P.A., en febreiro de 2007, na que sendo das últimas comunidades que nos sumamos ó tema das ADSG (Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeira), estamos a uns niveis máis que aceptabeis e cunha progresión positiva incluso maior que Cantabria e Pais Vasco. Non somos tan malos coma nos parece pero ás veces as cousas téñennolas que decir para que nolas creamos.

Pois eso, que somos quen de gañar contratos no eido militar, de progresar no eido social e económico, de loitar polos dereitos sociais e dos traballadores, comenzamos a ter conciencia de que podemos ser e facer o que se nos antoxe sen vergoña ó fracaso. Comenzamos a densenrolar a potencialidade que levamos dentro. Estamos no bó camiño.

Ningún comentario: