CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


mércores, 11 de xullo de 2007

Consideracións do pleno do 09/07/07 do Concello de Cabanas (II)
Hoxe despois de sair cedo a traballar, apetecíame facer unha das miñas actividades "favoritas":tomar un café lendo os periódicos no bar do meu primo. E nas seccións locais e xerais de Galicia prácticamente só se fala dos soldos que se lle asignaron ás Alcaldías e Concellerías delegadas, e para nada do réximen que rexirá o funcionamento dos Concellos durante esta lexislatura 2007-2011. Só no Diario de Ferrol faise unha pequena referencia a esa cuestión en Cabanas.
Coma dixen nunha contestación dun post de Bea, a discusión sobre o tema de asignación de soldos-asistencias-indemnizacións, é e será infructuosa namentras non teñamos unha lei de rango superior que o estableza; esas leis nas que se basa o funcionamento dos concellos fan en todo momento referencia ó nº de habitantes para atribuirlle funcións (non hai más que ler: Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, Lei 5/1997 do 22 de xullo, de administración local de Galicia e o Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais).
Non quero ser repetitivo nesto. Ese marco sería o idóneo para establecer ós máximos para as dedicacións exclusivas en función do nº de habitantes. Por que deixar esa atribución ó pleno leva consigo a posibilidade de que pase o que está pasando agora mesmo: km de tinta para patalear.
Non sei se estou equivocado, pero no caso de Cabanas a porcentaxe do soldo da Alcaldia a respecto do presuposto supón sobre 0,01%. (Moito menos ca Lendoiro no R.C. Deportivo de A Coruña, jejeje...); ¿é moito ou é pouco?,.............. seguiremos discutindo por que é postestade dos integrantes do pleno a aprobación. ¿Debería ser un punto "obligatorio" nos programas electorais?, se cadra sí, por que desa maneira os veciños saberían de antemán coma respira o aspirante á Alcaldía e non se levaría sorpresas. En fín podemos seguir dándolle e non remataríamos nunca.
Para mín é moito máis importante o réximen que se establece para o funcionamento do Concello e que rixirá durante toda a lexislatura; ahí, sí que si non hai un bon control 1º do Goberno municipal e 2º por parte da oposición, sí que se pode dilapidar o presuposto municipal moito máis do 1% que supón o soldo da Alcaldía. Coma lle dixen unha vez á anterior Alcaldesa: "ó pobo ademáis de facerlle ben hai que demostrarllo", e tamén dixen: "outros virán de bon te farán".
Por que outra dúbida que me asalta é: ¿se tes unha maioría asegurada nos plenos, qué "medo" tes de leva-las cuestións a eles para que se debatan?, se sempre os vas a aprobar, deixa que se coñezan as distintas opinións. Ou non dixo o actual Alcalde D. Germán Castrillón (PP) na súa investidura. "Non me creo na posesión da verdade absoluta, e entre todos podremos entendernos". Si se lle quita ferramentas á oposición para exercer o control o entendemento faise cada vez máis difícil. Pero é certo que será máis fácil para o equipo de goberno actual PP+AEC.
Sempre me gustou a pluralidade de opinións expresada civilizadamente.
................ CONTINUARÁ

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Grazas, Delfín, por manternos informados do que esta a ocorrer, por favor non o deixes de facer.
Estiven a ler o que ocorreu no pleno, tamén tiven gañas de asistir o que non me foi posibel; parece unha obra escrita polo célebre Valle-Inclán, piropo para o escritor, xa que nos fas ver o que non poidemos ver.
Pareceme estupendo o que dis i estou dacordo, pero asáltame unha dúbida, pregunta, que se pode facer para cambiar o tema dos soldos?? é dicir, preguntome se en algún momento a través, loxicamente, dunha regulamentación do concello e seguindo o establecido pola lei, se podería establecer un soldo, que só se incrementase o IPC cada ano, non sei quizais sexa unha "ilusión", xa sei que os Reises Magos non existen, ou si?, quen sabe.., alguén os viu??. Pareceme moi pouco ético por parte das persoas que, se supón, van a traballar por e para os veciños cobren, en demasía, penso que debería de ser simbólico, e máis cando xa tes outro emprego e vas a tempo parcial.
Poderíase crear un código deantolóxico na regulamentación do concello, ou xa existe?, perdón existía.
Asáltame tamén outra dúbida, que vai a pasar agora coa regulamentación do concello?? Supoño que se establecerá outra ou rexirase pola establecida na lei dos gobernos locais, sen ter en conta a "idiosincrasia" do concello?
De novo, moitas grazas Delfín.

DELFÍN dixo...

Gracias, gracias, gracias,... non merezo tanto. Esto é coma unha catarse para mín, a impotencia frente a inxusticia hai que expresala,... impotencia por que (e creo que respondo á túa pregunta) o regulamento quedou derogado no pleno extraordinario por 7 (PP,AEC,IVC) contra 4 (BNG,PSdeG-PSOE). Polo ala vai, polo sumidoiro. E o Concello rexirase polas tan mencionadas leis de rango superior.
O soldo, está aprobado no pleno por 6 a favor (PP,AEC), en contra 3 (BNG) e abstencións 2 (PSdeG-PSOE, IVC). O potestade do pleno é tal, que a súa decisión, mentras non vaia en contra da lei o que nel se aprobe e válido. Imaxina por un momento, e espero non dar ideas, que se marcan un soldo de 6000€/mes cada membro da xunta de goberno e se aproba no pleno e é legal (inmoral-non ético-vergonzoso,... e todo o que lle queiras arrimar tamén).É legal por que non hai ningún artigo nesas leis de rango superior que marquen un máximo de soldos, ollo, tampouco o había no Regulamento Orgánico do Concello que derogaron.

¿Cómo lle das volta á situación?, imaxino que si se convoca un pleno tanto ordinario coma extraordinario que leve nun punto da orde do día a modificación de soldos, e outro punto cun novo regulamento orgánico.

Querida Bea: coma non hai ética os soldos seguirán sendo estes; e como se quere traballar sen control por parte da oposición non haberá novo regulñamento orgánico.

ESPERANOS UNHA LONGA NOITE DE PEDRA ATA MAIO DE 2011.

Gracias pola visita. Un saúdo.

P.D.: Se se pasan por aquí compañeiros con máis experiencia nestes temas e consideran que hai que matizar algo que non se esquezan de facelo.