SOBRE EDUCACIÓN
Hoxe acaban as clases, os pequenos están cheos de ledicia, inquietude por que queren seguir mantendo contacto cos compañeiros e compañeiras. Case están contando os días para comenzar o próximo curso. ¿Será excesivo optimismo?. É o que vexo na miña filla.
Pero xa comenzo a preocuparme. ¿Por? Pois nunha Escola Taller da zoa na que se imparte clase para que os rapaces poidan sacar Graduado Escolar, con idades de entre 16-25 anos, de uns 10 rapaces aprobaron 2, e un dos que aprobou non sabe cal é a Capital de España. Non saben de onde sae o millo, nin as pipas, ...¿os mamíferos, qué son?,... Pois xa vedes que panorama nos pinta.
E agora as liortas cos curas,.. ufff. Se hai pais que braman para que na escola se ensine ós nenos e ás nenas unha boa educación; pois ale hai vai unha asignatura para a Educación da cidadanía e Dereitos Humanos,...ja coa Iglesia topamos. Peligro. Xa se lle están recortando unha serie de dereitos ( eu máis ben diría prebendas: teñen que tributar ó fisco polas doazóns, venda de inmuebles, ...), e agora só lle faltaba isto.
Eu particularmente creo que a educación comenza na casa, e á escola temos que ir a facer unha serie de etapas: INFANTIL: aprender que hai máis nenos, conseguir que os nenos queiran ir á escola,..PRIMARIA e SECUNDARIA: aprender coñecementos e a base para buscar seguir a prendendo,... e logo xa entramos no BACHARELATO e FORMACIÓNS PROFESIONAIS, e por último UNIVERSIDADE.
Todo, todo, se non se fai cunha boa base está abocada ó fracaso, e cando éste aparece temos que ser conscientes, e non tentar de culpar de todo ós demáis sen coller a parte de culpa que cada un de nós poidamos ter.

Delfín dixo.
MÁIS SOBRE EDUCACIÓN (26/06/2007)
Onte saeu a información de que España está á cabeza do consumo de cocaina e outras drogas; é triste chegar a estos status sin ningún esforzo.
A reflexión más importante creo que temos que facela os pais e nais; pois cando saes a dar unha volta ves a mozos e mozas que non teñen máis de 12 anos facendo unha “vida” de 19 anos. E a iso non poden as autoridades poñer solución.
Eu son dos que creo que os pais deben tentar alargar a infancia dos nenos o máis posible, non digo que os teñamos debaixo da á toda a vida, pero sí non desvincularnos deles antes de tempo por que vai a suceder o que está pasando. A infancia é o primeiro estadio da vida física-emocional-en valores e temos que ser os pais e nais os que demos exemplo, e tamén nós os que “pidamos” ás autoridades unhas facilidades para educar ós nosos fillos e fillas.
Pedir pero con sentidiño. Temos que ser corresponsables ¿non?.
2 comentarios:
A verdade, é que tamén me deu moito que pensar iso de que sexamos os primeiros na consumición de drogas, é máis, do total de drogas que se consumen en Europa, a metade e consumida en España.
Pero que lle imos a facer se non somos capaces de aturar os fillos xa que moitos pais e nais nen sequera se paran a darlles de comer, porque manchan as cociñas,si por incrible que pareza, asi que as nais (xa que son elas as que decidiron quedar na casa para coidar os fillos), non traballadoras, comen o que poden e os nenos quedan a comer no colexio.
Frente a isto atopamonos as nais-pais traballadores os dous, que tentan facer o posible para que os fillos vaian o colexio, almorcen na compaña da familia, coman ca familia, fagan actividades extras da escola, cear xuntos e conversar do que se fixo ó longo do día, e así despois dunha xornada laboral maratoniana, conseguemos sabe-la lección que toca e deixar todo disposto para o día seguinte.
Pero isto só ocorre cando ti fuches educado/a da mesma maneira e cos mesmos valores que ti despois tentas que os teus fillos teñan, para que estes á vez o fagan cos seus fillos e así sucesivamente.
Entendo tamén que non sempre os fillos se comportan como ti queres, pero penso que se tentas por unha boa base, poida que ó final non saian tan tortos.
En fin se a xente, pais-nais-familia-amigos-mestres-veciños..., se involucrasen un pouquiño máis seguro que isto da droga sería máis doado de levar, sobre todo porque seríamos coñecedores e sabedores dos comportamentos dos nosos fillos. Porque realmente enfrentarse a un problema de drogas non é nada sinxelo e as veces decatamonos demasiado tarde, si, tamén pode ser que non o queiramos ver.
De todolos xeitos, hai que ter en conta, que unha grande maioria de persoas adultas, aparentemente normais, con vidas do máis cotidiano, poden ser consumidores, e non precisamente aqueles que máis fama de golfos teñen.
En fin, aquí deixo un pensamento en voz alta.
Gracias Bea. Estamos dacordo no básico. Se os inmediatamente involucrados na educación dos fillos, é decir pais-nais-avós-FAMILIA, non nos preocupamos, pois xa se sabe que o carballo nace e tenta ir por onde quere, pero si o vamos podando e dirixindo non sae tan torto.
O ritmo de vida que temos é o que é, pero somos nós coma adultos os que temos a responsabilidade de educar e axudar a que os profesionais poidan levar adiante o seu labor. E seguro que todos iremos mellor.
Benvida por estos lares. ;)
Publicar un comentario