CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


domingo, 8 de xullo de 2007

PRIMEIRO PLENO EXTRAORDINARIO DO CONCELLO DE CABANAS

Estimados amigos e lectores: este é a orde do día do pleno que se celebrará no Concello de Cabanas o lúns 09-07-07 ás 7:30 pm.

1º- Aprobación se procede da acta da sesión anterior.
2º- Existencia da Xunta de Goberno Local.
3º-Derogación do Regulamento Orgánico Municipal.
4º- Delegación de atribucións do Pleno na Xunta de Goberno.
5º- Réxime de sesións ordinarias do Pleno.
6º- Creación e composición dos órganos complementarios.
7º- Retribucións, asistencias e indemnización dos membros da corporación e grupos políticos.
8º- Nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados.
9º- Resolucións da Alcaldía:
a) Nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local.
b) Nomeamento dos Tenentes de alcalde.
c) Delegacións da Alcaldía.
d) Constitución dos grupos políticos.
e) Asignación de locais a grupos políticos.
f) Sitación nas sesións dos membros da corporación.

A coantía dos soldos non debería ser un tema do moita discusión, sí con respecto ó concepto polo que son; é decir:

-Na lexislatura de 1999-2003 a coantía da alcaldesa era similar con dedicación exclusiva (non sei a coantía con certeza) (maioría absoluta no pleno do PSdeG-PSOE),

-Na lexislatura 2003-2007 a coantía da alcaldesa foi moito menor (sobre os 700€) con dedicación parcial nun 1º momento que logo pasou a exclusiva (maioría relativa no pleno do PSdeG-PSOE, con acordos puntuais co BNG, NON HABÍA COALICIÓN DE GOBERNO COMA DÍ IVC), e rebaixáronlle ó soldo decindo que xa tiña unha ensión de xubilación+viuvedade.

-Nesta lexislatura: a coantía pasa a ser de 2500€ con dedicación parcial. (maioria no pleno co apoio de AEC). Creo que o matiz da dedicación parcial é máis importante que a coantía.

-De todo o que se vai a tratar no pleno para mín o máis importante é o apartado de derogar o Regulamento Orgánico Municipal que aprobado polo Concello de Cabanas rixe dende agosto de 2005. Así coma dos motivos que se citan:

"Dito regulamento recolle no seu texto disposicións que na súa maior parte xa están reflectidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia e Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro (ROF); pero ademáis de interferir en competencias da propia Alcaldía, obstaculiza a organización do goberno miunicipal para mellorar o seu funcionamento".

-Así coma que o pleno pase a ser cunha periodicidade bimensual.

En fín temos que esperar a ver si se aproban, pero é o máis probable, ó contar o PP co apoio de AEC.

AEC foi vendendo na campaña "casa a casa-camiño a camiño"que era "socialista", incluídas as bágoas; e nesta lexislatura arrímase ó PP na elección de Alcalde e na derogación deste reglamento aprobado co seu voto cando estaba baixo a disciplina do PSdeG-PSOE. Que permitía unha mellor "fiscalización" da actividade política, sempre e cando ésta se quixera facer con oposición constructiva e non de "derrocamento" coma fixo na lexislatura 2003-2007 tanto IVC coma o PP.

Se o PSdeG-PSOE e o BNG, aprobaron dito regulamento, para mellorar o funcionamento, e se a oposición nesa lexislatura, PP e IVC, tiña dito regulamento para exercer os dereitos que nel se establecían, ¿por qué esa premura para derogalo?, ¿qué pasará coa participación cidadá, que estaba contemplada nese regulamento, propiciando o Regulamento de Participación Cidadán que estaba esperando para ser aprobada?.

Estamos comenzando a lexislatura e de maneira ó meu pensar un pouco "oscura". Démoslle tempo o tempo, e mentras tanto seguiremos as noticias do Concello nos diarios locais: que nunca tanto saímos neles. Esperemos que sexan unha xanela plural de noticias.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola de novo.
Lin, non sen certa sorpresa, no xornal a cantidade de cartos que cada un dos representantes do goberno local se asignan. Unha persoa a tempo parcial ou con reducción de xornada non recibe eses cartos polo seu traballo, se non falamos de cargos públicos claro.
Nunha empresa os cartos que recibimos polo noso traballo non nolo poñemos nos mesmos, xa que se iso fose así ningunha empresa sería rentabel, pois todos quereriamos cobra-lo máximo, así que ó meu parecer é que deberiamos pornos todos dacordo, ó menos os maís interesados, veciños e veciñas, para decir se nos parecen ben esas cantidades; xa que neste caso os xefes somos todos.
Xa sei que isto é unha utopia, pero todos temos un xefe, todos comercializamos co noso traballo é a nosa forma de vida dende hai milleiros de anos.
Non entendin moi ben, a última parte do que escribes. A ver, entendo que dentro da regulamentación do concello pretenden anular a participación dos veciños/as no primeiro pleno???? ou en certa maneira facernos menos participes do que alí ocorre??
como é posibel que xa saiban como funciona o concello e todalas suas normas e regulamentos?? se levan tres días coma quen di.
Non sei se xa na anterior lexislatura se atopaban tan vencellados ó concello, para ser xa capaces de tomar certas determinacións. Entendo, que cando chegas a unha empresa nova os primeiros tempos, dous ou tres meses, son para saber como funciona recabar información do que tes, identifica-los problemas, ofrecer propostas de resolución, deseñar un modo de actuación, fixar uns obxectivos, e cando sabes ben por onde andas executar os plans de acción, evaluando por suposto os resultados.
Claro que esta xente levaba un moi bo programa electoral, si, pero non deixa de ser iso, ou hai que pensar que o programa electoral xa estaba posto en marcha de antes???

DELFÍN dixo...

Hola Bea, gracias polos teus comentarios.
Este é o primeiro pleno despois da constitución da corporación municipal do día 16 de xuño de 2007, e antes dun mes hai que facer un pleno extraordinario para configurar a estructura orgánica e de funcionamento. Esta estructura ríxese no caso do Concello de Cabanas por un Reglamento Orgánico propio aprobado de forma definitiva e en vigor dende agosto de 2005. (telo a disposición no BOP Nº 186 Martes, 16 de Agosto de 2005; pódelo baixar da rede facendo unha busca no google poñendo =Regulamento Orgánico do Concello de Cabanas).
O tema da coantía económica daría para moito falar, ¿cal sería a mellor fórmula? A miña opinión: se en tódolos ámbitos que rixen as entidades locais faise referencia ó número de habitantes, sería un bon lugar para cando menos definir un máximo de soldo para dedicacións exclusivas e parciais dependendo do nº de habitantes,... iso pois xa dependería da propia corporación se se reflexara no Regulamento Orgánico Municipal ou si se reflexara nas leis de rango superior tales coma Lei 7/1985 do 2 de abril:Reguladora das Bases do Réxime local; Lei 5/1997 da administración local de Galicia e o Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembrO, que aproba o reguulamento, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
Entendo que o Regulamento que ten agora o concello complementa a estas leis e tamén nos órganos complementarios establece a participacion cidadán regulada nun Regulamento de Participación cidadán que o anterior equipo de goberno tiña redactado pero que está "enterrado" nalgún caixón á espera dun informe técnico que nunca chegou.

Se se deroga o Regulamento Orgánico que rixe agora, entendo que o Regulamento de Participación Cidadán queda sin efecto (sobretodo por que ainda non está aprobado en pleno).

As leis que se citan de rango superior permitirían a participación: pero entendo que si o pleno aproba uns regulamentos que se axeitan á idiosincrasia do Concello é moito mellor.

E o feito de que os plenos sexan coa perodicidade bimensual, pois alarga o tempo para poder expoñer os temas e facer preguntas que tardarían dous meses en ter resposta.

¿non sei si me explico?.