CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


domingo, 17 de xuño de 2007

XA TEMOS NOVA CORPORACIÓN

No día de onte, entorno ás 13 horas quedou constituida a corporación do Concello de Cabanas que rexirá os avatares durante catro anos. Foi a primeira toma de posesión á que asistín, e respirábase un ambente "raro", era coma se as cousas non se corresponderan á realidade.
Os datos de votación tédelos á man na prensa, primeiramente AEC a través do seu cabeza de lista, José C. Rey, renunciou a presentar candidatura, e foron 6 votos para Germán Castrillón (PP), 3 para Xosé Manuel Pérez Sardiña (BNG), 1 para Juan Mª Campos Vilar (IVC), e houbo 1 voto en branco.
Agora, faltan configurar as tenencias de alcalde, delegacións e comisións.
En fín, comenza un periodo de 4 anos de traballo para o PSdeG-PSOE, que será intenso e contínuo de Mª José Cabana (KOKE), que sabe que non está nin estará soa, terá o apoio necesario de todos nós para facer unha oposición clara, contundente, constructiva e eficaz; que será unha das portas de acceso dos veciños ó CONCELLO, levando a cabo unha das nosas prioridades do programa. "QUE OS VECIÑOS TEÑAN A POSIBILIDADE DE EXPOÑER AS SÚAS NECESIDADES, SUXERENCIAS, DENUNCIAS, ETC . E QUE ESTAS TEÑAN UNHA RESPOSTA CLARA". Por que dende o PSdeG-PSOE de Cabanas sabíamos que esa era a primeira acción a levar se formáramos goberno. Os veciños son os que teñen a soberanía de decisión, primeiro depositando o seu voto na urna dando o apoio á formación que máis lle parece que defende ou defenderá os seus intereses, e á volta de catro anos terá a soberanía de decidir a nova composición da corporación.
Dende aquí, queremos ser unha xanela na que se poida ver o que ocurre no CONCELLO, unha xanela na que se nos poidan expresar as inquedanzas veciñais. Queremos sevir ó pobo dende a forza que éste nos otorgou.





Ningún comentario: