OH!! SORPRESA!!!!!!!
Vaia, levo pensando de que escribir estos días,...e cal é a miña sorpresa cando no meu modesto blog aparecen insignes lectores e blogueiros. Grazas. ufff agora vou ter que "medir" a miñas palabras.
Viña matinando no coche despois de escoitar unhas declaracións de Xesús Palmou, sobre as eleccións e segundas voltas e maiorias absolutas,....e digo eu, cando a un partido lle vai mal pois as reglas están mal, ¿verdade?,... POIS NON SEÑORES, por que creo eu, que xogamos coas mesmas reglas TODOS. ¿Entón?,... É que claro como aparecen unhas cantas candidaturas por concello que o que fan é quitarnos votos,...e por elas mesmas non acadan a maioría , imos á segunda volta e que eses votos vaian para mín,...e teño a maioría e fago o que crea oportuno.
É difícil adaptarse á oposición. .......Pero creo que todo o mundo ten dereito a opinar, e se a lei electoral dí que se pode formar unha agrupación de electores con 1% da poboación. Pois xa está. Que se forme,...e se acadan o nº de votos suficientes para estar na corporación, pois tamén,...e se son necesarios para conformar un goberno estable,... pois ¿qué queres que che diga?. Que están lexitimados.
XA, XA, XA, XA,... pero agora ven a pregunta do millón. ¿CAL É A IDEOLOXÍA DESAS CANDIDATURAS?,....ou mellor aínda ¿CAL É O MOTIVO DA CANDIDATURA?, ...Para todo iso, por desgracia, fan falta de 8 á 12 anos para sacarlle os colores a cada ún. Por que sabido é de todos que hai candidaturas/candidatos que están só para desprestixiar a un oponente político ou para defender un interés persoal ou duns poucos (que non sei que é peor se o interés ou o desprestixiar); e a esas son, ás candidaturas/candidatos que os partidos formais (digo formais por que son os que teñen implementados os mecanismos internos necesarios para esixir responsabilidades por feitos graves ós seus membros, e velan por que a súa política sexa homoxénea, eso sí adaptada ás particularidades da zoa) non deben ter medo ningún, por que están faltos de credibilidade dende o seu nacemento.
EN FIN, A BON ENTENDEDOR POUCAS PALABRAS LLE FAN FALTA. PERO HAI QUE DECILAS E QUE SE ESCOITEN.
UFFF,... .... ;)
3 comentarios:
Tes razón. O asunto é que o PP está manipulando incluso a linguaxe. En democracia todas as listas maioritarias gobernan, xa que para ser "lista maioritaria" hai que ter o 50% máis 1 dos votos. Senón, todas as demais son minoritarias, pódese ser a lista minoritaria máis votada, pero nada máis que iso.
O PP sabe que a dereita está practicamente toda detrás dela, pero polo lado progresista hai moita pluraridade. Que o PP ocupe todo o espazo político desde a extrema dereita até o centro liberal, é unha anomalía que máis tarde ou máis pronto, pasará. Despois, con varios partidos do centro e da dereita, xa non defenderán que goberne "a lista máis votada".
E logo... xa esquecemos que nunhas eleccions o que elixe a cidadania son os seus representantes e non un cabalo gañador un o mais guapo da clase? Seica ainda andamos nas cavernas pra pensar que o mais forte ten que aniquilar aos que o son menos? Por que mantemos este pensamento de irmans contra irmans? Xa non nos lembramos de que a obriga dos politicos non e gobernar para os seus electores senon para o conxunto de cidadans? As coalicions postelectorais son, se cadra o mais sagrado do sistema democratico pois obrigan á convivencia dos distintos intereses lexitimos, ao respeto da opinion dos mais "debiles" e ao consenso de todalas ideas... O pobo elixe aos seus representantes para que "parlamenten" e acaden un consenso valido para a pluralidade non pra ver como a prepotencia duns aniquila as propostas dos outros...
E un dicir.... vamos....
Grazas pola visita Neto de Constante. Espero que sexas constante....
Efectivamente a esencia da democracia debe ser que a cidadanía plasme o seu pensar no que lle dí ou ofrece unha determinada opción política. E despois segundo a aritmética se fagan os acordos posibles tanto programáticos coma en acordos puntuais. O que podo ver é que hai opcións políticas que nacen só para desprestixiar ó "rival" político ou beneficiar a un reducido/selecto grupo. E se se engana para coller votos sen ideoloxía, pois sae o que sae. Invitote a ler o post de TEMPOS NOVOS aló por finais de decembro(nin que acertara co eslogan)....
Espero seguir véndote por aquí.
Publicar un comentario