CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


martes, 20 de marzo de 2007

Estamos a esperar un rexurdir da comarca.

Queixarse é doado. Lembrar tempos mellores é bonito. O presente mentres non mo toquen está ben. ¿O futuro?, ¿Quen loita por el?.

Eu son relativamente novo, 39 anos. Proveño dunha familia típica da comarca: nai traballadora no rural, pai no NAVAL, irmáns no NAVAL. Eu decidín estudar, e grazas ó esforzo dos meus pais, poiden facer unha licenciatura na que estou exercendo.
Lembro aqueles tempos de puxanza: non nos faltaba de nada; pero seguían os meus pais tentando poñernos as prioridades por diante. Hai que ter algo co que responder no futuro se o principal comenza a fallar; e iso foi o que nos mantuvo a flote (iso e o feito de vivir no rural. Coa crise do naval a comarca levou unha boa patada no cú. Pasar duns 12.000 empregados en ASTANO (multiplicade por 3,5 de media a unidade familiar) á actualidade, pos xa vedes o que é. Habería que estudar cantos se foron, se recolocaron, etc.

Pero a situación é necesaria reconducila.

Teño que decir que sendo beneficiario indirecto dos subsidos de regulación de emprego; fondos de promoción e prexubilacións do sector naval: NUNCA OS ENTENDÍN. Non me entraba na cabeza a xente sen traballar e cobrando unha "nómina". Podo entender as prexubilacións, de poñamos por caso 3-4 anos antes. Non podo entender mandar á xente para casa con 50-52 anos.
Alédome por eles, pero non creo que sexa sostible. Sostible económicamente por qué a esa xente téñoa que pagar eu; e non creo que sexa sostible SOCIALMENTE por que os fillos desa xente están esperando entrar nunha empresa dun sector que pronto teña unha crise e poidan optar por unha PREXUBILACIÓN xenerosa. E os netos estarán pensando o mesmo.

Perdemos á profunda necesidade de SABER que o esforzo individual e colectivo é necesario.
O esforzo individual significa que podo desenvolver unha tarea para a que estou cualificado, e se quero outro tipo de servicio teño e podo ir a outro individuo que co seu esforzo dame o que lle demando. E a suma deses esforzos individuais conxuga o esforzo colectivo o cal ten que ser CODIRIXIDO, e ahí entran: traballadores asociados en SINDICATOS, cidadáns demandando ós POLíTICOS, políticos e sindicatos exisindo ós GOBERNOS.

E TODO ISTO DISCUTIDO CON CLARIDADE, SOSEGO E EDUCACIÓN ENTRE TODOS, SABENDO O QUE QUEREMOS, É O QUE NOS LEVARÁ A UN BON FUTURO.

POUCO A POUCO ESTAMOS CONSEGUINDO RECONDUCIR A SITUACIÓN.

Ningún comentario: