TEMPOS NOVOS
Parece que tras unha tempada de calma acércase maruxía a forte maruxía. Con tanteos moi erráticos; pero as preguntas importantes seguen sen resposta:
- ¿Cara onde vai o querido Concello?.
- ¿Cal é o valoración dos grupos políticos que hoxe en día están representando no Casa do POBO ós veciños?. ¿Espérase a unha total desacreditación do Concello: tanto político coma administrativo? (Que non sei qué será peor). Por que non se esquezan os portavoces e ex-portavoces, a DESACREDITACIÓN xa está en marcha por desgraza. E uns terán máis responsabilidade que outros, por suposto (explícase máis abaixo). E o crédito dunha institución ou persoa tarda un largo tempo en conquerirse, pero basta un movemento para votar todo a pique.
- ¿Vaise a presentar o Alcalde Sr. D. José C. Rey ás próximas eleccións?, de ser así baixo qué Siglas, ¿algunhas das existentes ou outras que aparecerán?; de non ser así ¿por qué ese empeño de ostentar a alcaldía durante este corto periodo?. ¿Hai algún "traballo" que quedou por facer e hai que "rematalo"?, ¿é importante para o pobo?, ¿cal é?.
- ¿A quén lle interesa esta situación?, o que está claro é que a quen non lle interesa é ó propio PSdeG-PSOE; por que os seus afiliados, simpatizantes e votantes por inercia están desorientados e rendendo unha pleitesía moi seguramente a quen non deben. Que alguén lles poñan unha luz creible a base de información. Por que este grupo municipal ten que cubrir non un posto de concelleiro que pertencía a Dª Modesta Anca, senón agora o de D. Aquilino Feal, e ó que lle correspondía seica renuncia, e por moito que se apuren os prazos legais ata o próximo pleno de Xaneiro non habera toma de posesión dos seguintes (se non me equivoco), ¿e se os seguintes renuncian? ata Febreiro,... E SRES que as próximas eleccións son en MAIO-2007. E mentres tanto o Concello "paralizado", ¿ en "favor" de quen ou quenes"?. Do pobo de Cabanas NON.
- Seguiremos a laiarnos, e mentres tanto a quen lle interesa a situación está a rir a boca aberta e refregando as máns, moi ben seguro.
- O POBO de Cabanas, como dixen noutro sitio non se merece semellante burla nen desprecio.
- Non nos podemos esquencer tampouco de que en Cabanas ainda non hai un PXOUM ¿será esta a cuestión a escudriñar?, ¿non nos estarán distraindo coa sentencia de Dª Modesta, O Penso e outras que fixo que van a sair?. ¿Ou serán indicativas éstas de como estaba todo feito, e o PXOUM non veu a satisfacer as expectativas que se agardaban e esperan a cambear o pao da baralla?.
En definitiva son moitas preguntas que se me veñen á cabeza, e seguerán xerándose máis ata que non se normalice a situación: ¿nas próximas eleccións municipais? ¿quen sabe?. ESPERO QUE SÍ. O TEMPO PORÁ A CADA UN NO SEU SITIO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario