A vida non facemos máis que complicala sen falla. ¿E tan difícil vivir en paz?. ¿Qué se necesita para que esta sociedade non vaia en caida libre, o que dirían os aviadores para que "non entren en barrena".
Isto leva un camiño en progresión xeométrica.
Son cabanés de adopción, pero vinculado a este pobo dende neno. Os problemas que xurden neste concello, polo que se ve nos xornais e se entera un, non son moi distintos doutros concellos goberne quen goberne, e coa estadística de casuística en proporción ó reparto dos concellos por partidos políticos. Sería interesante un estudo que reflictise as "barbaridades" cometidas nun escalafón de gravedade en tódolos concellos relacionándoos cos partidos que gobernan neles. Seguro que as conclusións serían moi educadoras.
Hai un decálogo de "decencia política", moi en boca de todos, que manifestou o Sr. José Blanco do PSOE. Paréceme ben, pero como manifestei no blog http://bngcabanas.blogspot.com/ as cousas ademáis de decilas hai facelas, ademáis de ser correcto hai que demostralo.
A respecto desto: no concello de Cabanas estánse a facer uns movementos moi sospeitosos; sen que os principais interesados (PSdeG-PSOE) se manifesten nun sentido ou noutro. E o pobo de Cabanas de sempre votante do PSOE (por algo será) vése un pouco desorientado.
IVC e PP estiveron a partir un piñón só co único afán de descabezar ó PSdeG en Cabanas e agora están a enfornar unha bola en concordancia co alcalde accidental; ó que tamén lle pedían responsabilidades nos xuzgados. O POBO DE CABANAS NON SE MERECE QUE SE BURLEN DEL DESTA MANEIRA. ¿Que queren estes Srs. de IVC e PP?, unha parte do pastel de aquí a maio. ¡¡¡É todo moi sospeitoso!!!.
Decía un bo amigho: Isto non é como empeza que é como remata.
O tempo porá a cada un no seu sitio. ESO ESPERO E DESEXO.
1 comentario:
O amolante desta pozoña política é que nos queren facer ver o que non é: Pepe Rey (o home de palla de Modesta) aplaudido por PP e IVC e estes criticando a candidata do PSOE, descualificando ao BNG e ao seu portavoz e poñendo de vítima ao actual alcalde. Preparados listos xa!
Publicar un comentario