CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


martes, 3 de febreiro de 2009

Actualizado: Xa están no DOGA as Ordes de axuda polo KLAUS

Hoxe saíron publicadas no DOGA as Ordes que regulan as axudas do Decreto 13/2009 para o ciclón Klaus.
Hoxe tamén haberá unha charla informativa sobre estas axudas no Centro de Maiores de Pontedeume (antigo centro de saúde) ás 20:15h na que contaremos coa presencia de Beatriz Sestayo candidata nº 3 por A Coruña do PSdeG-PSOE nas eleccións ao Parlamento da Xunta de Galicia.
ACTUALIZADO:
Na charla informativa que tivo lugar en Pontedeume, na que participou Beatriz Sestayo (Parlamentaria autonómica e candidata), Alberto González (Delegado da CPTOPT) e Nacho Filgueiras (Sº Xeral de Pontedeume e candidato) aclaráronse principalmente que as reclamacións hai que dirixilas á Consellería correspondente, que existe un nº de teléfono de información e atención ao cidadán que é o 012 e que nas distintas páxinas web da consellerías atoparase información para cubrir os formularios de reclamación.
Tamén no Concello de Cabanas (e de seguro que na maior paret) hai unha oficina de información pero hai que saber que os formularios válidos son os que saen publicados no DOGA.

1 comentario:

Monica dixo...

Hola. Soy Mónica, coordinadora de LA PERONOSFERA en Argentina y te invito a revivir los mejores momentos del acto del PSOE en Bs. As.
http://www.sebalorenzo.com.ar/2009/02/08/tourino-en-buenos-aires-argentina/

www.peronosfera.ning.com
www.buenosairesperonista.blogspot.com