CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 9 de febreiro de 2009

Touriño en Arxentina

Esta fin de semán estivo marcada por varios acontecementos:
O aviso de temporal fixo que a Consellería de Educación e O.U. suspenda as clases do luns 09 de febreiro para evitar desgracias persoais, maila que a algúns lle parece unha patochada (ver comentarios).
A actuación incomprensible duns exaltados (alentados por quén me pregunto eu, aínda que vendo e escoitando por aquí cerca a certos persoeiros está máis que claro) impedindo coa violencia a manifestación duns cidadáns en Santiago de Compostela, cos que se pode estar máis ou menos dacordo, pois só me deixa que pensar que farían si tiveran toda a disposición de mandar. A posición do PSdeG-PSOE é clara a este respecto.
Siguennos chegando novas das trifulcas dos Srs. dos negocios turbios. ¿Chegarán tan arriba?, xa se sabe que as "maneiras" contaxianse, teñan coidado Srs. que xa o sí o refr
A estadía de Emilio por Arxentina chegounos de forma inesperada vía crónica insitu do compañeiro Sebas Lourenzo que nos deixa este vídeo no que recopila partes da intervención e unhas palabras en exclusiva para a súa videocámara
E para rematar, o meu tercio central do día estivo marcado por unha enorme dor de cabeza por mor dun corte de dixestión polo frío -con visita ao inodoro e lavativa de manzanilla- (¿hai algunha norma que lle diga aos autónomos que non debemos traballar con frío e á choiva?), polo que mañán terei que andar na 4ª para non estar retrasado.

Ningún comentario: