CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 10 de marzo de 2008

IN MEMORIAM

Despois dunha campaña dura, larga e fatigosa, a alegría dos resultados non deben tapar o que pasou hai escasamente 72 horas. O PSdeG-PSOE de Cabanas segue a solidarizarse coa familia de Isaías Carrasco, e desexar que a lacra do terrorismo pase pronto a ser historia, coa aportación positiva de tódolos partidos políticos e asociacións.
Os resultados, no que se refire ao concello de Cabanas podédelos visualizar na páxina www.generales2008.mir.es/99CG/DCG1115901599.htm.
E o análise farémolo despois de estudar os datos todos.
Dende aquí agradecer a tódolos militantes e simpatizantes que apoiaron ó PSdeG-PSOE, tanto en Cabanas, na Comarcal de Ferrolterra coma na provincial.
Saudar e animar ao que foi magnífico deputado Xavier Carro, que saeu damnificado pola perda de nº de deputados no reparto poboacional de escanos pola provincia de A Coruña.
Boas noites e boa sorte. Desexándolle felices soños á nena e aos xoguetes da nena.
Saúde.

Ningún comentario: