Consideracións do pleno do 09/07/07 do Concello de Cabanas (II)
Hoxe despois de sair cedo a traballar, apetecíame facer unha das miñas actividades "favoritas":tomar un café lendo os periódicos no bar do meu primo. E nas seccións locais e xerais de Galicia prácticamente só se fala dos soldos que se lle asignaron ás Alcaldías e Concellerías delegadas, e para nada do réximen que rexirá o funcionamento dos Concellos durante esta lexislatura 2007-2011. Só no Diario de Ferrol faise unha pequena referencia a esa cuestión en Cabanas.
Coma dixen nunha contestación dun post de Bea, a discusión sobre o tema de asignación de soldos-asistencias-indemnizacións, é e será infructuosa namentras non teñamos unha lei de rango superior que o estableza; esas leis nas que se basa o funcionamento dos concellos fan en todo momento referencia ó nº de habitantes para atribuirlle funcións (non hai más que ler: Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, Lei 5/1997 do 22 de xullo, de administración local de Galicia e o Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais).
Non quero ser repetitivo nesto. Ese marco sería o idóneo para establecer ós máximos para as dedicacións exclusivas en función do nº de habitantes. Por que deixar esa atribución ó pleno leva consigo a posibilidade de que pase o que está pasando agora mesmo: km de tinta para patalear.
Non sei se estou equivocado, pero no caso de Cabanas a porcentaxe do soldo da Alcaldia a respecto do presuposto supón sobre 0,01%. (Moito menos ca Lendoiro no R.C. Deportivo de A Coruña, jejeje...); ¿é moito ou é pouco?,.............. seguiremos discutindo por que é postestade dos integrantes do pleno a aprobación. ¿Debería ser un punto "obligatorio" nos programas electorais?, se cadra sí, por que desa maneira os veciños saberían de antemán coma respira o aspirante á Alcaldía e non se levaría sorpresas. En fín podemos seguir dándolle e non remataríamos nunca.
Para mín é moito máis importante o réximen que se establece para o funcionamento do Concello e que rixirá durante toda a lexislatura; ahí, sí que si non hai un bon control 1º do Goberno municipal e 2º por parte da oposición, sí que se pode dilapidar o presuposto municipal moito máis do 1% que supón o soldo da Alcaldía. Coma lle dixen unha vez á anterior Alcaldesa: "ó pobo ademáis de facerlle ben hai que demostrarllo", e tamén dixen: "outros virán de bon te farán".
Por que outra dúbida que me asalta é: ¿se tes unha maioría asegurada nos plenos, qué "medo" tes de leva-las cuestións a eles para que se debatan?, se sempre os vas a aprobar, deixa que se coñezan as distintas opinións. Ou non dixo o actual Alcalde D. Germán Castrillón (PP) na súa investidura. "Non me creo na posesión da verdade absoluta, e entre todos podremos entendernos". Si se lle quita ferramentas á oposición para exercer o control o entendemento faise cada vez máis difícil. Pero é certo que será máis fácil para o equipo de goberno actual PP+AEC.
Sempre me gustou a pluralidade de opinións expresada civilizadamente.
................ CONTINUARÁ