Historias do rural, "A vaca posta"
Érase unha vez un cativo inquedo, que sempre andaba arredor do pai, este tamén gostaba do pequeno e quería ensinalo nas "cousas da vida", polo que decidíu levalo con el á feria do 1º das Pontes, nin decir ten que o pai era un potentado dos daquela, con varias vacas postas e non perdía feira para cobrar a súa renda... e os seus posteiros esperaban aquela data con ledicia, cousa estrana para daquela, non vos parece? Así, a noite anterior o pai díxolle ao fillo que ao día seguinte iría á feira con el que se deitara cedo e apurara a durmir. O cativo foi para a cama, pero por moito que quixo non prendía sono pensando no que acontecería na feira.
Pola mañán nada máis o pai berrou dende a cociña o cativo pegou un brinco e visteuse nun santiamén, almorzaron forte, porque o camiño aínda que en cabalo ía ser longo e canso, mais ao cativo fíxoselle curto no pensamento, pero "duro" no cú xa que non estaba afeito a tanta andadura.
Por fin chegaron e veu coma moitos viñan a saudar ao pai, "¿serán estes os posteiros?", como bo fillo que era non interrompeu nin meteu baza na conversa, escoitaba, cavilaba e decatouse que ao seu pai o tiñan en moita estima, eran veciños e parentes que viñan a interesarse pola familia e veciñanza, non había outra forma de ter novas máis certeiras. Pero o cativo estaba ansioso, as novas da familia coñecíaas todas e as da outra parte eran as mesmas pero noutras parroquias, quería ver aos posteiros, quería ver coma o seu pai cobraba as rendas e chegou o momento, naquela feira do 1º das Pontes había tres posteiros con tres becerros e o cativo de contas non sabía, pero de becerros sí, non facía outra cousa que andar no medio deles cando viña da escola de Don Javier e ao velos abríronselle os ollos que parecía que lle ían escapar, detalle que non lle pasou por alto ao pai xa que sabía o que o cativo entendia de becerros, pero estaba por ensinarlle outra vivenza e chegou o momento, -Don Manoel, vou cerralo trato, quere vir? -Non Paco, ti ben sabes o que tes que facer, xa nos vemos onda o ferreiro que teño que coller uns fouciños. -Moi ben Don Manoel. -Meu pai, e logo cóma non vai con el e si o engana? -Fillo, non te fixaches que cando falaba cos parentes íalles preguntando en canto compraran ou venderan, eu sei coma vai a feira de hoxe, non rabees, ademais os posteiros son firmes na palabra e eu máis. O cativo ergueu as cellas, non sabía o que quería decir o seu pai. E fóronse chegando a onde o ferreiro e o Paco xa estaba alí, esperou a que don Manoel rematara cos fouciños e foi cara el, -Don Manoel, o becerro vendino en 6500 reais, -Boa feira sí señor, tamén tiñas bo becerro, mantiveches ben, -É que no 1º do nadal hai boa venda, veñen os ferroláns de fóra e ghóstalles o bo comer, -Tamén saben que mantés ben, -Sí eso tamén é certo, aí o vai 3250 reais e a Marela xa está de seis meses, si dioloquere d'hoxe nun ano facemos feira, -Dioloqueira Paco, mira aí van 200 reais, cómpralle algho a Facunda e máis ao pequeno que logho o has traer á feira coma eu hoxe ao Fermín, -Ghracias Don Manoel, deusllelopaghe. -Papá e coma lle deu 200 reais se eran seus, -Fermín, Fermín, comer estaba ben, pero se empachas perdes todo, e non cres que a 3000 reais por xato non fixemos boa feira? -Sí, pero si lle dá 200 reais a cada un, perdemos 600 reais, -Vexo que en matemáticas Don Javier ensinoute ben, pero vouche explicar algo, o trato do posteiro é que na venda do xato imos a medias, pero estes homes son firmes na palabra e saben que eu despois do trato doulles unha propina, non crees que para a próxima feira non han traer un xato ben mantido por que saben do meu proceder? Meu fillo, o que moito quere pouco apreta, ademais convidaronnos aos chourizos e ao viño, eso tamén son cartos na faltriqueira, jajajaja.
Así foi como Don Manoel lle ensinou ao seu fillo Fermín o que ao seu pai lle ensinara o seu avó, o que xa non estaba tan seguro é de que ao Fermín lle entrara nos miolos, a escola de Don Javier está ben, pero o moito correr non lle chista, pero son os tempos modernos.
Ano do noso señor 1952.
Ningún comentario:
Publicar un comentario