CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


domingo, 7 de xuño de 2009

A POLITICA e a política

Disque o sistema máis simple é o binario: si-non, 0-1.
Persoeiros, para min de relevancia, como son o Premio Nobel de Literatura José Saramago e o ex-presidente do Goberno de España Felipe González, escriben cada un o seu artigo no diario El País facendo referencia a persoeiros de actualidade na política. José Saramago escribe "La cosa Berlusconi" e Felipe Gonzalez "Obama en el Cairo: ¿sólo palabras?". Dous puntos de vista que veñen a decir que hai POLITICA e política, que define ben ás claras o que poder ser esto da política: un instrumento para uso particular ou un instrumento para artellar o futuro da sociedade.
Eu sempre fun dos que creían e cren que a POLÍTICA é necesaria e que aínda que agora lle chamamos así sempre estivo presente na sociedade, e esta sociedade evolucionou e fóronse creando novos órganos de participación, dende a antigüidade: os exipcios, o modelo grego ou romano os máis coñecidos (aínda agora se fala do dereito romano) e tamén outros como os suevos do que aínda temos reminiscencias como é o sistema de propiedade dos montes comunais que aínda rixe nalgúns lugares de Galicia; é decir que dende sempre os políticos fixeron políticas que decidiron o futuro, e aqueles políticos que fixeron POLÍTICA entraron na Historia, e para apreciar os feitos hai que ter unha perspectiva no tempo.
Mais nalgúns casos non hai que esperar tanto.
Como digo as cousas pódense facer ben ou mal, o inconvinte é que é unha ecuación de moitas variables, na que hai dúas que nunca poden faltar e que deben ser propias do político: SERVICIO ao POBO e EDUCACIÓN. As outras son dependentes da CIDADANÍA, que á súa vez ríxense por outros criterios, e que en moitos temas e ocasións están manipulados.
Só voto en falta a posibilidade de poder dialogar e contrastar ideas. Hai programas-tertulias nos que quenes dialogan non son os políticos senón analistas, que opinan uns máis a fondo e outros máis pola tona, pero que en definitiva non son políticos e non van a ser eles os que leven a cabo as políticas. Hai programas radiofónicos e televisivos que tentaron confrontar ideas entre os distintos grupos políticos, que fixeron de xanela para meter aire fresco na cidadanía, o meu temor é de si seguirán emitíndose; a nivel estatal imaxino que o programa 59 segundos seguirá, pero a nivel autonómico o programa Hai debate, seguirá, volverase descafeinado ou pasaralle coma a A caixa negra?.
A nivel municipal, onde se ten que dar o debate é nos plenos do Concello e nas distintas comisións, mais en Cabanas por imperativo de alcaldía primero derogouse o Reglamento de Funcionamento de Concello ("por que interrumpe na labor de goberno") e con eso os plenos pasaron a ser bimensuais, logo sen previo aviso a limitarse o tempo de intervención nos plenos a 10 minutos por voceiro (cando no segundo pleno se lle preguntou por cómo se ían a rexir os plenos, dixo que "no habrá problemas, el tiempo será el necesario para tratar los temas, para unos habrá que debatir más tiempo y en otros no"), e xa por último (éste con previo aviso) limitar as preguntas nos plenos a 5 preguntas e 3 rogos por voceiro e 3 preguntas e 1 rogo por concelleiro (cando no segundo pleno dixo que "se podrán hacer las preguntas que querais", e sobre esta cuestión presentouse unha pregunta no último pleno que viña a decir ¿cal é o motivo para limitar o nº de preguntas? ao que contestou "cambié de opinión"). Se todo esto non é suficiente, cando no turno de intervención se está a dar lustre pódese falar sen atrancos (o reloxio non corre) pero cando se entra en temas non gratos a parte de estar interrumpindo, tanto por parte da presidencia coma polos concelleiros de Goberno, o tempo corre que da gusto, e se non se corta a palabra, expúlsase ao concelleiro de turno (eso sí, ao terceiro aviso).
Ver para creer: acudir aos Plenos do Concello de Cabanas o último mércores dos meses impares, normalmente ás 19:30h. Tamén pode haber plenos extraordinarios, que dependendo do tema, día, interés, etc poden comenzar ás 8:00h.
Continuará...

1 comentario:

Anónimo dixo...

Creo que o principal e o respeto mutuo,neste caso concreto o respeto ten que ir nas dúas direccións: do goberno a oposición,creando boas relacións ca parte contraria, pero tamén da oposición ó goberno,con argumentos válidos e fortes e sen entrar en argumentos persoais non relacionados coa xestion municipal.
Por outra banda, creo que debe existir un regulamento nos plenos que limite o tempo das intervencions(menos as explicativas do secretario)e dos rogos e preguntas;senón non rematarían nunca.
Tamén hay que facer un retroceso no tempo para lembrarse das limitacións que os outros gobernos fixeron...e non sempre mirar a palla no ollo axeo...
Da disparidade de opinións e das discusións sempre consiguese cousas boas...e un bó consello que todos deberían seguir.