CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 11 de febreiro de 2008

VISTALEGRE 2008

Onte foi a festa dos socialistas en Vistalegre (Madrid). Se cadra o que poida decir soe a "dora-la pilula", pero foi impresionante. Interviron Tomás, Pedro Solbes, Mª Teresa de la Vega, Manuel Chaves e O Presidente José Luis Rodríguez Zapatero.
Tomás incideu na súa Comunidade (xogaba na casa), Solbes coa súa maestría, dixo o que todos queremos e sabemos, menos uns cantos: España non se funde, hai máis cartos na caixa que en 2004, que estamos mellor preparados para afrontar unha crise que non foi provocada por nós (os españois, os socialistas), Mª Teresa falou da igualdade, falou do que non lle gusta ós PP's: que todos temos dereitos. Chaves: coma presidente do PSOE amosou a súa satisfación por ver coma este partido tira para adiante e o que fai é recoñecido no mundo, en Europa coa petición de que Felipe González presida o Grupo de Reflexión sobre o futuro de Europa, momento no que Felipe non tivo máis remedio que saudar ós presentes.
E O Presidente Zapatero: INCONMENSURABLE, hai que deixar claro que non nos van a calar.
O Palacio de Vistalagre estaba a reventar, non había onde poñer un pé, houbo quen se quedou fora, foi unha cita moi bonita. Nós ó chegar cedo poidemos atopar un asento. Agora toca seguir traballando para que J.L. Rodríguez Zapatero siga de presidente cun equipo de traballo potente coma o que ten, e para que Ferrolterra consiga coma 4º Deputado por A Coruña a Xavier Carro Garrote, e así ter voz propia en Madrid.
Un saúdo e agora a traballar para que a xente fale coma se fala en democracia: co voto libre.

Ningún comentario: