¡¡¡¡Ai Ai Ai, así andamos!!!!
O Bispo de Tenerife: "El abuso a menores se produce debido a que hay niños que lo consienten e incluso te provocan"
O Bispo de Tenerife
(Lido en 20minutos.es)
Pregúntome coma pai de dous nenos de 7 e 4 anos, ¿este señor poderá exercer o seu maxisterio con responsabilidade?.
A entrevista na Opinión de Tenerife e os comentarios non teñen desperdicio ningún.
Conclusións:
- O seguimento dunha fé relixiosa e libre, e responsabilidade de quen a recibe e de quen a imparte.
- Non estou dacordo para nada na ensinanza da relixión na escola, para iso están os diferentes edificios relixiosos onde cada quen pode profesar a súa fé.
- Aínda sendo sabedores de que no seu principio básico calquer relixión tenta defender ó ser humano, a historia está ahí para quen queira coñecela a estudala.
- A "relixión" e os seus responsabeis tiñan a sabiduría e o poder, e nos comenzos vehiculaban regras para beneficio do pobo; un exemplo claro pode ser o da prohibición de comer carne de porco: era para evitar o contaxio da triquinelose no ciclo roedor-porco-home; outro exemplo eran-é o dos totem dos aboríxenes australianos: prohibíase o casamento entre individuos do mesmo totem, para evitar a endogamia e consanguidade, que a carrea problemas xenéticos. E así poderíamos tirar máis exemplos.
- O que pasa e que a sabiduría e poder tornouse cara uns poucos. Problema engadido do PODER mal entendido.
Saúdos, saúde para o 2008 e felices festas.
P.D.: Escribindo este post, escoito a nova da morte de Xosé Cuiña Crespo, unha aperta á súa familia. Calquer perda é penosa, e máis cando acontece tan cedo.
1 comentario:
Delfín tes que perdoar pero dende o día que Blas nos presentou no Hotel Puerta del Camino case non tiven tempo de poñerme diante do ordenador. A partir de agora creo que tampouco vou ter moito tempo para o blog xa que comeza a campaña e os que estamos no Comité de Campaña en Ourense non imos andar sobrados de tempo. De todos os xeitos prometo pasar máis a miúdo por aquí e poder verquer as miñas opinións. dende hoxe quedas agregado ós blogs favoritos de Caldelaodecaldelas. Unha aperta
Publicar un comentario