CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


xoves, 3 de marzo de 2011

HAI COUSAS SOBRE AS QUE UN PROFANO NON DEBE OPINAR

En resposta ao artigo de opinión de D. Xosé Luis Barreiro Rivas (publicada en La Voz de Galicia do día 20 de decembro de 2010).
Pode parecer que falar deste tema é a touro pasado e a destempo, mais creo que non. Vou a falar coma Entidade Identificadora habilitada dacordo ao Decreto 183/2010, do 4 de novembro, polo que é con total coñecemento de causa.
No cambio de modo no rexistro e identificación animal, os actuais responsabeis políticos da Consellería de Medio Rural suprimiron o sistema vixente ata o 31 de decembro de 2010, disfrazándoo coma un aforro para o gandeiro, pois rotundamente NON. É un aforro para a Consellería de Medio Rural, estimada nuns 3,7 millóns de €/ano; podo facer demagoxia e preguntar canto costou á administración da Xunta de Galicia e máis á do Estado a visita do máximo pontífice da Igrexa Católica, non o vou a preguntar; podía preguntar á administración POLÍTICA da Xunta de Galicia en onde podía, xa non aforrar se non maximizar os seus gastos, pero éstes non van a querer que se lles pregunte e moito menos escoitar e responder (moda actual de certos políticos). Pero si podo preguntar en canto se estima o efecto da trazabilidade na saúde, OFICIALMENTE controlada polos servicios veterinarios, da cadea alimentaria. Que, aínda que é unha cousa que cae polo seu peso, hai que comentar que comenza co nacemento do animal.
Unha análise de Puntos Críticos, diríanos que podemos compartimentalizar a cadea alimentaria segundo os distintos momentos productivos da vida do animal, dende o nacemento ata o seu sacrificio (animais de vida) e logo do sacrificio, a distribución ata o consumidor. No momento do sacrificio o animal perde a súa identificación (auricular/chip/bolo intraruminal) para pasar a ser un número de canle (animal faenado, é decir: desangrado e eviscerado) polo cal podemos levar unha trazabilidade dende o punto de consumo, hacia atrás, ata o matadeiro e dende aqui ata a granxa da que procede.
Estimado Xosé Luis, da trazabilidade non se sabe da súa necesidade ata que se necesita (si se me permite a redundancia). A trazabillidade permite compartimentalizar a produción, coma dixen, e no caso dalgunha incidencia sanitaria actuar na cadea alimentaria de maneira que nos permitiría primeiro acotar a incidencia e despois afrontala.
Si o sistema de identificación bovina, ovina e caprina, en Galicia funcionaba moi ben, e tiña un coste, e non é asumida/copiada (sin pagar copyright coma dis) por parte doutras administracións autonómicas ou doutros paises, non é unha excusa para desmóntalo. Gustaríame que alguén me dixera cal era o sistema de identificación animal en Inglaterra e a trazabilidade, antes do caos provocado pola “crisis das vacas tolas”, e de paso que cuantifiquen as perdas causadas. Gustaríame que alguén da Administración da Xunta de Galicia (non só a Consellería de Medio Rural) me explique o por qué deste abandono do medio rural.
Estimado Xosé Luis, fas un chamamento á responsabilidade do administrado, en beneficio dos consumidores e do interés xeral. Pois aínda a risco de parecer ou ser demagóxico, tamén poderiamos facer un chamamento á responsabilidade dos condutores para que teñan os papeis do coche en regra (seguro. IVTM, ITV…) e por suposto á súa responsabilidade no momento de conducir para que cumpran as normas,.. desa maneira poderiamos abolir un gran número de gardas civís de tráfico e aforraríamos de paso outro pico. Hai cousas coas que non se xogar. A saúde é unha delas.
Non se pode decir por parte do conselleiro de Medio Rural que o sitema de identificación bovina, ovina e cabrún era un luxo que non se podía pagar, insisto que alguén me diga por que este afán por denigrar ao rural (Galicia estimados lectores é rural dende Ribadeo ata A Guarda e dende Pontevedra ata Viana do Bolo).
E volvendo ao inicio, a abolición e desmontaxe do sistema de identificación animal en Galicia pasa a ser máis costosa para o gandeiro, que pasa de pagar 2,65€/identificación a unha media de 10€/identificación. Pasa de ter o D.I.B (Documento de Identificación Bovina) ao momento a ter que esperar a que lle chegue por correo ordinario (non certificado -ollo-, co que de entre miles de DIB´s seguro que algún se perderá e haberá que pedir duplicado, co correspondente gasto), pasa de ter o servicio de compulsa de documentos ao pé da casa a ter que desplazarse á súa oficina agraria comarcal, perde un servicio de información a pé de granxa …..e estimado Xosé Luis, ata o de agora non hai posibillidade de acceso á OAV (Oficina Agraria Virtual) via internet de calidade na totalidade do territorio galego (ata o de agora unha amplia mayoría das explotacións están no rural, RURAL), e o sistema de atención telefónica 012, pois… mellor cho explicaría si foras unha Entidade Identificadora pero mes e medio para resolver unha incidencia, ademáis dun coste de facturación por minuto cando menos abusivo.
Aínda que coma Entidade Identificadora, eu son veterinario, pode ser calquer persoa física ou xurídica; sabes cal é a relación que se crea entre o profesional e o cliente, sabes o que é o código deontolóxico, sabes o que é a picaresca,....
E non estou actuando corporativamente, xa que coma autónomo é outra fonte de ingresos e un servicio aos meus clientes.
Polo que HAI COUSAS SOBRE AS QUE UN PROFANO NON DEBE OPINAR.

luns, 15 de novembro de 2010

Si alguén mo pode explicar, eu agrádezollo, e de paso o sector!!!

Onte domingo, día de descanso (¿?), día de ler os periódicos, desistín de facelo vía internet por que parecía un embobado mirando a pantalla do ordenador pola lentitude de movistar, e fun a compralo para lelo a carón da chimenea queimando os toros que fun sacando da limpeza dun balado.
Cal é a miña sorpresa, ou case shock, cando vexo a portada "Becerros a 1'60€".
E agora quedas embobado mirando como o lume devora o toro de leña que acabas de meter, mentras pensas.
E pensas: así é imposible. E volves a ler o artigo, e segues a pensar: así non imos a ningures.
Pragmáticamente, se votas contas claro que che sae mellor desatender ao xato-macho cando nace e esperar  a que morra e que o seguro que tes contratado cho aboe.
Esto leva a "descapitalizar" o  agro. Pero polo que se vé estamos metidos no tema do carto duro e puro sen pensar no futuro (¿ou hai alguén que sí?). Estámonmos acostumando a descapitalizarnos ( Endesa, Telefónica, Iberia,...agora R ), vendemos e conseguimos activos (dinero cash que diría aquela) e logo pedímoslle responsabilidades ao mestre armero.
E claro, agora o último máis "ilusionante" é o de comer natural. ¿Natural?, por favor que alguén mo explique, por que si facemos caso da publicidade dese famoso pan de molde no que van estoupando aqueles que usan non sei que cousas na elaboración, e só queda un, ese un ¿é natural?.
Se cadra sí por que é ou será o único. E claro sendo o único é o natural.
Insisto, que alguén mo explique por favor!!

P.D.: Ao final do artigo a ese mesmo gandeiro pagáronlle 236€ por un limusín. polo que:
236+1,6=237,6
237,6/2=118,8€/becerro 
¡¡¡¡As matemáticas non enganan!!!!

xoves, 21 de outubro de 2010

Nova sistemática de identificación animal

Coma xa escribín no penúltimo post a Consellería de Medio Rural está a cambiar a sistemática de identificación animal. Polo de agora coexisten as dúas, a que fan os servicios veterinarios de SEAGA (ata fin de ano imaxino ou se resolva o ERE) e a nova que é a que todo aquel titular que o solicite pode facelo:
a) telemáticamente, sempre que teña un ordenador, sempre que teña unha cobertura de acceso a internet ¿¿??, e sempre que sexa capaz de facelo -cousa que dito de paso non é nada difícil-.
b) tefónicamente, non quero pensar os erros que se cometerán dende a data de nacemento, a raza, o crotal da nai o crotal que leva o xato, .... e moitos outros amén de que che collan o teléfono á primeira, que non che salte o contestador ou que sexa algún 901, 902
c) indo á Oficina Agraria Comarcal cos datos
d) que se constitúan agrupacións identificadoras, xa sexan Asociacións de Defensa Sanitaria, Cooperativas ou Empresas Privadas, e fagan a identificación "privada"="pagada" e quen identifique sexa 'vaite ti a saber', moi posiblemente nas dúas primeiras sexan os veterinarios que levan os servicios pero ¿e na opción de Empresas Privadas?, por qué non é necesario que quen o faga sexa un licenciado/a veterinario/a.
Polo que en moitos casos teremos unha merma na calidade da trazabilidade e en moitos outrros unha perda dela.
Si esto de por sí xa é o suficientemente importante, imaxinade o que será no caso de que o titular retrase o data de identificación, ata o de agora había 20 días para facela a identificación, pódese dalo caso de que se 'minta' na data de nacemento, e diredes non pasa nada. Pois neste caso si que ten a súa importancia: no matadoiro a toda res que entre con máis de 12 meses de idade faiselle unha serie de controis para comprobar certas enfermidades como a EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina a tan tristemente famosa enfermidade das Vacas Tolas que levou a aquel Conselleiro de Agricultura a enterrar as vacas sen control) e gracias a este sistema foi rápidamente atallado, por que temos unha trazabilidade xa non de onde procede a carne que comemos senón como foron os movementos de animais e o posible contaxio.
E podemos chegar a non ter identificados aos animais e desfacérmonos deles nunha cuneta coma este caso que atopei hai  dúas semáns cos conseguintes problemas sanitarios que conleva.


Hai moito traballo por facer pero esta non é a maneira. Agora serán suprimidos 53 veterinarios/as, compañeiros de campo, que eran os que traballando con choiva, vento, sol ou neve facían o traballo dos "quentacadeiras".
O rural necesita un forte pulo pero non demagóxico.
Se os símbolos significan algo o escudo da profesión veterinaria é este e dí:
 "HIGIA PECORIS SALUS POPULI"

luns, 4 de outubro de 2010

José Saramago en perfecto presente

José Saramago Textual



- La derrota tiene algo positivo, nunca es definitiva. En cambio la victoria tiene algo negativo, jamás es definitiva.




 - Las tres enfermedades del hombre actual son la incomunicación, la revolución tecnológica y su vida centrada en su triunfo personal.


- Los únicos interesados en cambiar el mundo son los pesimistas, porque los optimistas están encantados con lo que hay.
- Dentro de nosotros existe algo que no tiene nombre y eso es lo que realmente somos.

 
- No te pido que me lo cuentes todo, tienes derecho a guardar tus secretos, con una única e irrenunciable excepción, aquellos de los que dependa tu vida, tu futuro, tu felicidad, ésos quiero saberlos, tengo derecho, y tú no me lo puedes negar.


 
- Si hay que buscar el sentido de la música, de la filosofía, de una rosa, es que no estamos entendiendo nada.


 
- El poder real es económico, entonces no tiene sentido hablar de democracia.
- No busques trabajo: escribe.

 
-¿Qué clase de mundo es éste que puede mandar máquinas a Marte y no hace nada para detener el asesinato de un ser humano?
- Pienso que todos estamos ciegos. Somos ciegos que pueden ver, pero que no miran.

 
- Es hora de aullar, porque si nos dejamos llevar por los poderes que nos gobiernan, y no hacemos nada por contrarrestarlos, se puede decir que nos merecemos lo que tenemos.


 
- El tiempo no es una cuerda que se pueda medir nudo a nudo, el tiempo es una superficie oblicua y ondulante que sólo la memoria es capaz de hacer que se mueva y aproxime


José Saramago, escritor, novelista y poeta portugués, premio Nobel de Literatura.

HOMENAJE.  Ajg 2010