CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 12 de abril de 2010

NORABOA POLO TRABALLO!!

Hoxe, como cada día recibín un montón de e-mails; entre eles un facendo referencia a unha nova esperanzadora,...un grupo de investigadores, dunha facultade, dun campus dunha universidade GALEGA, e polo tanto GALEGOS, levan uns vinte anos investigando sobre as toxinas mariñas e cun certo resultado positivo. A universidade é a de Santiago de Compostela, o campus é en Lugo a facultade é a de Verterinaria e o director do grupo de investigación foi profesor meu de Farmacoloxía Veterinaria, o profesor Botana.
Esto ven a indicar que os investimentos ben dirixidos nunca caen en saco roto (1 millón de € anuais), que en Galicia hai potencial, e que galegos somos moito-e-bon.
Señores da Xunta de Galicia, non esquezan nunca que a educación, a sanidade e os servicios sociais son e deben seguir sendo públicos, universais e de calidade.
O dito, noraboa a Luis Botana, ese profesor que non caía nada ben e co que fun quen de acadar un notable na súa asignatura.