CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


martes, 19 de xaneiro de 2010

Irresponsable, Insostible, Ilegal e Inaceptable

Eses foron os adxectivos cos que a Real Academia Galega defineu no seu informe ao borrador do Decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Para o próximo día 21 hai convocada unha xornada de folga no ensino. Nunca deberiamos ter chegado a esto.
Pois nesto da lingua teño unha anécdota moi curiosa, estaba estudando 2º de carreira alá en Lugo e compartía piso cuns compañeiros de Ortigueira e de Xinzo de Limia, e nestas tertulias que nos montabamos despois das comidas xogando ao tute (¡qué tempos!) puxémonos a falar de cómo lle chamabamos ás cousas da labranza, e así: rastrillo en Ortigueira, enciño en Fene e engazo alá en Xinzo. O de Xinzo comezou a rir, de cómo lle chamabamos asi ao engazo que toda a vida foi engazo, ao que lle respostei entre serio e doído que toda a vida sería engazo en Xinzo pero en Fene sempre foi enciño.
Ao que vou, ¿qué é mellor coñecer un idioma, dous ou tres?, ¿qué me interesa a mín para os meus fillos?, ¿qué saiban matemáticas en castelán, coñecemento do medio natural en galego e plástica en inglés? Ou que saiban e entendan as matemáticas, o coñecemento do medio natural, e que poidan contarllo/explicarllo a calquera en calquer idioma.
Eu prefiro esto último, e para eso hai que promocionar a lingua galega, simplemente por que está en inferioridade de condicións, en inferioridade de estima e por que é a nosa seña de identidade comó das aves é que teñen plumas ( e iso non se descute).
O explendido sería que entre catro persoas poideramos falar cada quen nun idioma e estar entendéndonos todos. ¿Eso é útopico? sí, pero senón tendemos á utopía quedaremonos no mediocre.
E como é tan importante a onde chegar como cómo chegar, eu por agora iríame conformando con ter unha conversa galego-castelán na que as dúas persoas se entenderan e respetaran.
A ensinanza merece un consenso, como está a intentar o actual ministro de Educación, pero nonos equivoquemos, nunca estará o PP nesa tesitura, non interesa, non lles interesa a Educación nin a Cultura; en Cabanas preguntouselle á concelleira responsable que era para ela e o grupo de goberno a CULTURA, e a resposta foi (revolvéndose no asento como si lle queimara) "aquello que a usted le falta", sin posibilidade de réplica.
A primeira foi a eliminación da gratuidade dos libros de texto, a segunda o rexeitamento da nosa lingua, e seguiremos..... co que da cartos claro.