CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


mércores, 15 de xullo de 2009

A loita continua

Un dos dereitos básicos dunha sociedade é, xunto coa sanidade, o dereito a unha educación universal e gratuita, algo conseguido polo anterior Goberno da Xunta coa implicación directa do Presidente Touriño para que dita medida entrase xa no primeiro ano da lexislatura.
Coa medida do Presidente Alberto Ñúñez Feijóo pasa a ser subsidiada, e xa veremos como se plantean grandes desigualdades co tempo.
O Goberno da Xunta de Emilio Pérez Touriño en educación non só se implicou neste tema, que xa era unha reivindicación de, daquela aspirante a presidente da Xunta, Antolín Sánchez Presedo.
Como onte escoitei nunha tertulia na radio que decía: "..parece que son os gobernos de esquerda quenes poñen en marcha políticas sociais, coa protesta no momento da oposición de dereitas, que usan a técnica de acoso e derribo, ata acadar o Goberno, para logo cando están no Goberno asumir esas políticas sociais, tan criticadas anteriormente...." si, pero no caso da nova Xunta de Alberto Núñez Feijóo, non están pola labor, están a derribar TODO o que teña nome e apelidos da anterior Xunta de Emilio Pérez Touriño, coa sorprendente caradura de decir que o que funciona síguese mantendo.
Un comentario: a eliminación da figura de Delegación Provincial de Consellería vaia a traer consigo que cando calquer cidadán teña que facer un trámite (cando vas alí é para reclamar dereitos) fales ou co Superdelegado que che dirá que pasará o escrito ao responsable de área ou fales co responsable de área que che dirá que xa llo pasará ao Superdelegado, e así un polo outro a casa sen barrer.
O anterior sistema era mais áxil, e sabías con que Delegado/a tiñas que ir a falar, así conseguíuse, e mira que parece unha tontería, pero conseguíuse que na escola CEIP Eladia Mariño, tras unha conversación co daquela Delegado da Consellería de Educación D. José Mouriz, adaptara un elevador para que se poidera acudir ás clases superiores con sillas de cadeira, este mesmo Delegado axilizou o adecentamento do peche perimetral do colexio nunha primeira fase, e estabamos estudando outros temas de colaboración, e agora queda descabezado o referente co que tes que falar, polo que tódolos trámites se retrasarán, e xa adianto que a contestación será "non hai cartos".
O CEIP Eladia Mariño, ten neste curso que comenza un gran incremento de matrícula, o que xa tivo un comentario negativo por parte de inspección ¿cómo pode ser?.
Gracias á xestión do ANPA O CASTIÑEIRO coa Delegación de Educación estáse a poñer en marcha un Plan Madruga, para que aqueles pais que teñan problemas de horarios para conxugar o traballo co inicio das clases, poidan deixar aos pequenos un pouco antes na escola, esperemos que non se trunque por falta de cartos.
Todo o anterior escrito é Educación, é o que poñerá aos nosos pequenos en condicóns de afronta-la vida, é a implicación dos pais e nais no desenrolo dun dos piares da sociedade.
Aquí vos deixo un enlace moi interesante que espero lle deades difusión Plataforma pola gratuidade dos libros,