CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


mércores, 24 de xuño de 2009

Dando outra volta....

De todos é sabido o que está a acontecer co idioma galego (enquisa aos pais con nenos en idade escolar, elexir o idioma nas oposicións,...) hai compañeiros que tratan o tema coma José Luis Prieto ou Andrea Fernández,... hainos que defenden que non se pode cortar o acceso á función pública de xente con suficientes méritos (¿¿??) polo feito de non saber o galego con bon nivel.
Ben, seguiremos remexendo e non deixaremos calla-lo queixo.
Esta xente (a nova Xunta e os seus seguidores) non pode esperar máis, non poden deixar emerxer á intelixencia que se desenrola no pobo galego, que coma galego exprésase mellor en galego, unha inmensa maioría (fillos e netos da sociedade) que ademáis é respetuosa coa xente que fala en castelán ou se me apurades en outro idioma, e que é capaz de cambiar de rexistro sin ningún problema nin trauma para poder entenderse co de enfrente.
Simplemente é cuestión de educación, de enriquecimento cultural; que non interesa ás élites.
Eu son galegofalante, e atópome con xente coa que manteño diálogos bilingües, e non temos problemas. Só rabeo cando non atopo a palabra adecuada para expresar un concepto, pero eso só é unha eiva miña que tento arranxar tirando de diccionario e lectura. Cando o caso é que o interlocutor non entende o galego pasamos a falar na lingua na que nos entendamos, coma se é en inglés.
Quero imaxinar que si algún profesional quere vir a opositar a Galicia ven aquí por todo un pouco: por un posto de traballo, por un prestixio, polo clima, pola xente, pola comida, polo ritmo de vida,...polo que se queira. E vai a facer o posible por integrarse na sociedade.
Como dí José Luis Prieto de que o perigro está en que esto derive en que uns poucos queiran apartar a unha maioría e se produza un apartheid, eu non o creo, o galego é moi intelixente, e canto máis lle ensinen mellor.
Coma decía e dí un compañeiro: "...deixade correr ao cabalo...".

venres, 19 de xuño de 2009

Outra vez, ¿ata cando?


¿Ata cando?, ata cando a cidadanía queira.

Un abrazo forte para a familia e ánimo nestes intres.


A primeira na testa

A primeira na testa, eso é o que está a facer a Consellería de Educación da Xunta de Galicia de D. Alberto Núñez Fejóo , de comenzo non hai gratuitidade para os libros de texto. E polo que sigo a escoitar posiblemente caerán outros dereitos conseguidos ata o de agora coma son os coidadores no transporte escolar e mais nos comedores,... ¿serán capaces?, ¿quen llelo vai a impedir?.
É demagóxico que se tente camuflar o feito decindo que aos "ricos" non teñen por que pagarlle-los libros de texto, uff... a educación ten que ser universal e de calidade.
Pero xa antes diran anuncios, uns que se formalizaron coma a famosa enquisa sobre o uso do galego, que leva implícito que o fracaso escolar é por que os rapaces aprenden en galego, non é por qué non estudan. E outros que irán para adiante coma a reagrupación de aulas, senón tempo ao tempo.
Eu estudei o galego e en galego dende os 6 anos (teño 41) na escola, no instituto e na facultade, e nunca lle poiden votar a culpa por suspender tres convocatorias de Patoloxía Médica, só pasei a convocatoria cando metín nos meus miolos a materia de exame.
O mellor é decir que a culpa é dos demáis. ¡¡Qué maneira de enredar á sociedade!!
P.D.: "Non querías caldo, ahí tes dúas cuncas". ¡¡Habemos ficar cheos.!!!

domingo, 7 de xuño de 2009

A POLITICA e a política

Disque o sistema máis simple é o binario: si-non, 0-1.
Persoeiros, para min de relevancia, como son o Premio Nobel de Literatura José Saramago e o ex-presidente do Goberno de España Felipe González, escriben cada un o seu artigo no diario El País facendo referencia a persoeiros de actualidade na política. José Saramago escribe "La cosa Berlusconi" e Felipe Gonzalez "Obama en el Cairo: ¿sólo palabras?". Dous puntos de vista que veñen a decir que hai POLITICA e política, que define ben ás claras o que poder ser esto da política: un instrumento para uso particular ou un instrumento para artellar o futuro da sociedade.
Eu sempre fun dos que creían e cren que a POLÍTICA é necesaria e que aínda que agora lle chamamos así sempre estivo presente na sociedade, e esta sociedade evolucionou e fóronse creando novos órganos de participación, dende a antigüidade: os exipcios, o modelo grego ou romano os máis coñecidos (aínda agora se fala do dereito romano) e tamén outros como os suevos do que aínda temos reminiscencias como é o sistema de propiedade dos montes comunais que aínda rixe nalgúns lugares de Galicia; é decir que dende sempre os políticos fixeron políticas que decidiron o futuro, e aqueles políticos que fixeron POLÍTICA entraron na Historia, e para apreciar os feitos hai que ter unha perspectiva no tempo.
Mais nalgúns casos non hai que esperar tanto.
Como digo as cousas pódense facer ben ou mal, o inconvinte é que é unha ecuación de moitas variables, na que hai dúas que nunca poden faltar e que deben ser propias do político: SERVICIO ao POBO e EDUCACIÓN. As outras son dependentes da CIDADANÍA, que á súa vez ríxense por outros criterios, e que en moitos temas e ocasións están manipulados.
Só voto en falta a posibilidade de poder dialogar e contrastar ideas. Hai programas-tertulias nos que quenes dialogan non son os políticos senón analistas, que opinan uns máis a fondo e outros máis pola tona, pero que en definitiva non son políticos e non van a ser eles os que leven a cabo as políticas. Hai programas radiofónicos e televisivos que tentaron confrontar ideas entre os distintos grupos políticos, que fixeron de xanela para meter aire fresco na cidadanía, o meu temor é de si seguirán emitíndose; a nivel estatal imaxino que o programa 59 segundos seguirá, pero a nivel autonómico o programa Hai debate, seguirá, volverase descafeinado ou pasaralle coma a A caixa negra?.
A nivel municipal, onde se ten que dar o debate é nos plenos do Concello e nas distintas comisións, mais en Cabanas por imperativo de alcaldía primero derogouse o Reglamento de Funcionamento de Concello ("por que interrumpe na labor de goberno") e con eso os plenos pasaron a ser bimensuais, logo sen previo aviso a limitarse o tempo de intervención nos plenos a 10 minutos por voceiro (cando no segundo pleno se lle preguntou por cómo se ían a rexir os plenos, dixo que "no habrá problemas, el tiempo será el necesario para tratar los temas, para unos habrá que debatir más tiempo y en otros no"), e xa por último (éste con previo aviso) limitar as preguntas nos plenos a 5 preguntas e 3 rogos por voceiro e 3 preguntas e 1 rogo por concelleiro (cando no segundo pleno dixo que "se podrán hacer las preguntas que querais", e sobre esta cuestión presentouse unha pregunta no último pleno que viña a decir ¿cal é o motivo para limitar o nº de preguntas? ao que contestou "cambié de opinión"). Se todo esto non é suficiente, cando no turno de intervención se está a dar lustre pódese falar sen atrancos (o reloxio non corre) pero cando se entra en temas non gratos a parte de estar interrumpindo, tanto por parte da presidencia coma polos concelleiros de Goberno, o tempo corre que da gusto, e se non se corta a palabra, expúlsase ao concelleiro de turno (eso sí, ao terceiro aviso).
Ver para creer: acudir aos Plenos do Concello de Cabanas o último mércores dos meses impares, normalmente ás 19:30h. Tamén pode haber plenos extraordinarios, que dependendo do tema, día, interés, etc poden comenzar ás 8:00h.
Continuará...