CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 2 de marzo de 2009

O pobo falou

Foron as eleccións con máis participación de toda a historia da democracia en Galicia.
O PP acadou a maioría absoluta con 39 deputados, o PSOE 24 e o BNG 12, hai outras forzas que obtiveron os seus votos pero non alcanzaron para entrar con deputado no Parlamento da Xunta.
En Cabanas subeu a participación a un 66, 52% sendo os resultados:
P.P. 819 (43,24%); PSdeG-PSOE 590 (31,15%);
B.N.G. 315 (16,63%), TEGA 63 (3,33%);
UPyD 33 (1,74%); EU-IU 18 (0,95%)
Outros 17 (0,89%).
As anécdotas hainas, unha muller que se votou ao pescozo dunha interventora nosa insultándoa por que eramos os responsables de que seu fillo perdera unha pensión, ou aquel outro que se empeñaba en votar unha e outra vez el, logo polos seus pais, e logo polo seu avó, decindo que llo pediran (en fín, que aproveitarse das persoas con deficiencias só ten un nome: ser desalmado).
Noraboa e sorte ao PPdeG, non me gustou a aptitude de certas persoas do PP de Cabanas, que demostraron non estar á altura do cargo que representan (case me atrevo a decir ostentan), espero e desexo que non exista un afán de revanchismo aínda que vai a ser difícil, xa que van a contestar coas mesmas maniobras de algúns, e sexan capaces de saber manter os avances que se produciron.
Sigo crendo no ideario do PSdeG-PSOE, sigo crendo que o único contrato válido coa cidadanía é un programa electoral e o PSdeG-PSOE cumplíuno na súa maioría, sigo crendo que o proxecto é válido e con visión de futuro.
Por último, non me queda máis que agradecer ás persoas que confiaron o seu voto ao proxecto socialista, que sigan atentos a vida política por que os políticos somos e temos que ser a voz dos que nos votaron (polo que hai que sabelos escoitar) e que sigan atentos o PSdeG-PSOE por que non vai a deixar de traballar para que este mundo sexa mellor para TOD@S.