CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


martes, 17 de febreiro de 2009

Por que non todo vale

Dende logo que na política non vale todo. E a maneira que ten a xente de a pé de entender a política difire moito de cómo se están desenrolando as cousas.
Este fin de semán estivo o Presidente Zapatero na Coruña e unha das moitas cousas que dixo foi que co Goberno de Touriño na Xunta de Galicia desapareceron os caciques dos despachos, e non queremos que volvan. Eses caciques e malversadores, que non quere ver Soraya Sainz de Santamaría, e que lles están aparecendo nas investigacións do xuiz Garzón alá pola comuninade de Madrid co Consejero de Deportes “dimitido” ¿por ter aceptado comisións?, ou pola Comunidade de Valencia co Conseller da Gobernación, que foi cambiando de Consellería pero non de empresa de servicios. Ou cando se escoitou a Zaplana decir que “estaba en política para forrarse”. ¿E por aquí?, por aquí xa houbo os seus rifirrafes no PP, cando foi a loita das boinas e birretes, cando un Conselleiro de Pesca acusaba a un Conselleiro de Obras Públicas de non sei qué ilícito, cousas parece que xa esquecidas (¿?), ou cando durante uns días houbo un encerro nun piso de Ourense de 5 deputados ourensáns do PP, para arranxar ¿o qué?. Eles sabrán, xa que daquela estaba Don Manuel, e este dixo que cando eso pasaba na súa época “actuaba” dándolle un coscorrón ou apartando á xente. Pero non a maneira de facer. E así saen os casos do Sr. Carrera, que esquece declarar 240.000€ (como se foran calderilla ou se non fose el quen foi a collelos aló a aquelas illas de nome tan suxerente), ou o informe desfavorable do Consello de Contas á xestión do Sr. Negreira.
E por que na política non vale todo, na democracia sí vale o voto. Un voto que non entra na furna é unha persoa que outorga o parabén. O parabén para o que está gobernando ou para o que pode ser alternativa, eso sí dependendo do nº de votos. E aquí xa podemos entrar na eterna discusión de que os votos das persoas de dereitas son máis fieis, e que os votos dos de esquerdas son máis críticos. Calquera das dúas opcións son válidas, por que son formas de actuar libres. Ainda que se cadra poderiamos falar dos carrexamentos de persoas para votar coa papeleta dada, (monxas de clausura, anciáns dos fogares de acollida,...), difícil de demostrar pero que chama moito a atención, ¿verdade?.
Si unha persoa de esquerdas é crítica coas persoas que representan a súa ideología, debe expresar dita crítica mediante a implicación nas actividades políticas e sociais (deportivas, culturais,...) para deixar plasmado o sentir.
E unha das primeiras críticas que ten que facerse un que dí ser de esquerdas é: si eu non vou a votar e eles sí van, ganan eles, ¿é eso o que eu quero?, ¿é eso o mellor para o futuro?. Somos tan críticos que queremos as cousas xa!!, pero hai que darse conta de que hai inercias que son tan fortes que levan o seu tempo parar e invertir. E 16 anos de goberno do PP na Xunta de Galicia estableceron unhas inercias que levou un importante esforzo e tempo en parar, e estou seguro que se a cidadanía o poidese entender darianos outros catro anos para poder demostralo.
Polo tanto, para poder decir que non todo vale, que hai outra forma de facer política que chegue a máis xente, e que é a do PSdeG-PSOE, pídoche a ti que me estás a ler que reflexiones sobre esto. E se estás dacordo, a parte de votar PSdeG-PSOE, para que Touriño sexa Presidente con máis forza, convenzas coas palabras e a razón, non coa violencia nin a coacción nin as mentiras, aos teus achegados. Esa é a verdadeira mobilización.
VOTA PSdeG-PSOE

Para que eles non volten

luns, 16 de febreiro de 2009

Voto por CORREO

Sabemos que a mobilización nestas eleccións son importantes, que todos os votos teñen a súa importancia por que é o feito no que en democracia realmente nos fai iguais, cada voto ten o mesmo valor, e con el expresamos o nosa vontade de que sexa un partido ou outro o que rixa a vida política e as decisións de futuro.
Comunícovos que a Xunta Electoral Central acordou:
AMPLIAR ATA O DÍA 26 DE FEBREIRO O PRAZO PARA REMITIR O VOTO POR CORREO para as Eleccións do 1 de marzo, EN TODAS AS OFICINAS DE CORREOS DE ESPAÑA (o prazo anterior remataba o 25 de febreiro, mércores de cinza e festivo en numerosos concellos de Galicia).
Aproveito para recordarvos que o PRAZO PARA A SOLICITUDE DO VOTO POR CORREO REMATA O 19 DE FEBREIRO.

luns, 9 de febreiro de 2009

Touriño en Arxentina

Esta fin de semán estivo marcada por varios acontecementos:
O aviso de temporal fixo que a Consellería de Educación e O.U. suspenda as clases do luns 09 de febreiro para evitar desgracias persoais, maila que a algúns lle parece unha patochada (ver comentarios).
A actuación incomprensible duns exaltados (alentados por quén me pregunto eu, aínda que vendo e escoitando por aquí cerca a certos persoeiros está máis que claro) impedindo coa violencia a manifestación duns cidadáns en Santiago de Compostela, cos que se pode estar máis ou menos dacordo, pois só me deixa que pensar que farían si tiveran toda a disposición de mandar. A posición do PSdeG-PSOE é clara a este respecto.
Siguennos chegando novas das trifulcas dos Srs. dos negocios turbios. ¿Chegarán tan arriba?, xa se sabe que as "maneiras" contaxianse, teñan coidado Srs. que xa o sí o refr
A estadía de Emilio por Arxentina chegounos de forma inesperada vía crónica insitu do compañeiro Sebas Lourenzo que nos deixa este vídeo no que recopila partes da intervención e unhas palabras en exclusiva para a súa videocámara
E para rematar, o meu tercio central do día estivo marcado por unha enorme dor de cabeza por mor dun corte de dixestión polo frío -con visita ao inodoro e lavativa de manzanilla- (¿hai algunha norma que lle diga aos autónomos que non debemos traballar con frío e á choiva?), polo que mañán terei que andar na 4ª para non estar retrasado.

sábado, 7 de febreiro de 2009

Mitin en Narón: ¡¡¡¡¡un éxito!!!!!


Hoxe, mellor dito onte tivo lugar un mitin no Hotel HUSA-ODEON, no que participaron catro mulleres importantes do PSdeG-PSOE, Carmela Silva (Voceira do grupo Socialista no Senado), Mar Barcón (Sª de Organización do PSdeG-PSOE), Beatriz Sestayo (candidata nº 3 pola Coruña) e Catalina García -Katy- (Sª Xeral do PSdeG-PSOE de Narón e candidata nº 12 pola Coruña).

Un acto concurrido e no que quedou plasmado a "forza" destas mulleres e a súa valía.

O vindeiro martes 10 de febreiro teremos a oportunidade de escoitar e ver a outra muller de valía, Leire Pajín (Sª de Organización do PSOE) que estará acompañada de Mar Barcón, Beatriz Sestayo e Vicente Irisarri (alcalde de Ferrol) no centro cultural Carballo Calero no Inferniño-Ferrol. Estades convidados a participar.

martes, 3 de febreiro de 2009

Actualizado: Xa están no DOGA as Ordes de axuda polo KLAUS

Hoxe saíron publicadas no DOGA as Ordes que regulan as axudas do Decreto 13/2009 para o ciclón Klaus.
Hoxe tamén haberá unha charla informativa sobre estas axudas no Centro de Maiores de Pontedeume (antigo centro de saúde) ás 20:15h na que contaremos coa presencia de Beatriz Sestayo candidata nº 3 por A Coruña do PSdeG-PSOE nas eleccións ao Parlamento da Xunta de Galicia.
ACTUALIZADO:
Na charla informativa que tivo lugar en Pontedeume, na que participou Beatriz Sestayo (Parlamentaria autonómica e candidata), Alberto González (Delegado da CPTOPT) e Nacho Filgueiras (Sº Xeral de Pontedeume e candidato) aclaráronse principalmente que as reclamacións hai que dirixilas á Consellería correspondente, que existe un nº de teléfono de información e atención ao cidadán que é o 012 e que nas distintas páxinas web da consellerías atoparase información para cubrir os formularios de reclamación.
Tamén no Concello de Cabanas (e de seguro que na maior paret) hai unha oficina de información pero hai que saber que os formularios válidos son os que saen publicados no DOGA.

luns, 2 de febreiro de 2009

Ciclón KALUS

O ciclón Klaus que ao seu paso por Galicia e en concreto por Cabanas fixo uns cantos estragos deu moito que falar, e seguirá a dar.
A continuación estracto un artigo de opinión de Suso de Toro no diario El Pais do domingo 01 de febreiro que se titula "Siempre habrá ciclones" no que entre outras dí:
".... Otra cosa es si estamos preparados para un desastre así, si la respuesta de la administración a los serios problemas que hemos vivido fue y es adecuada. Por definición es mejorable, y como ha habido tantos accidentes y tantas roturas es imprescindible revisar el servicio que dieron tanto la administración como las empresas públicas y privadas que tenían que actuar. Es probable que debiese haber algún reconocimiento de errores por parte de alguien, es lo mínimo. Pero ni siquiera Fenosa es completamente responsable de que el viento doble torretas de alta tensión de acero o de que los árboles derribados caigan sobre el tendido. Seguramente los propietarios de montes no quieran alejar más los árboles del tendido para no perder ganancia. Somos un país curioso, hermoso y complicado, tenemos muchos conflictos internos de intereses. Nuestros mayores sabían que la vida era afrontar incidencias constantes y había que estar dispuesto. Decimos "tener disposición", pero nosotros, en cambio, hemos desplazado completamente la responsabilidad al estado, ya no tenemos que arremangarnos, ahora que venga el Gobierno o la Xunta o quién sea. Eso también lo hemos visto estos días en bastantes municipios: había aldeas sin luz durante horas y días, la compañía eléctrica no daba abasto. Pero tampoco recibían la visita de nadie del ayuntamiento para interesarse y conocer la situación. Hay obligaciones que no están escritas, pero en situación de emergencia los ayuntamientos tienen que reaccionar urgentemente sin pararse a preguntar. ...."
Ademais atopamos un informe de MeteoGalicia no que dí que por Ferrol (CIS-Ferrol A ás 23:10 h.) o refacho máximo foi de 114,6 km/h, eu non vou a discutir o que dín as estacións metereolóxicas, pero os destrozos que aparecen pola xeografía adiante reflicten ás claras que os danos foron causados por refachos de máis velocidade.