CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


xoves, 27 de novembro de 2008

Pleno SUSPENDIDO!!!!

Concelleiros ergéndose para protestar a decisión de non incluir un punto na orde do día.

Hoxe estaba convocado o pleno ordinario do Concello de Cabanas, levabamos uns tres días de "acusacións" cruzadas na prensa, e hoxe foi unha das que clamaba ao ceo: os problemas actuais do Concello son culpa de Dª Mª José Cabana,....cando foi durante tódalas lexislaturas que estivo gobernando o PSOE en Cabanas a responsable de Cultura, Deporte e Servicios Sociais. E o actual Tenente de Alcalde, que tamén o foi co PSOE nas anteriores lexislaturas ata que na última e no último ano foi expulsado do PSOE por non acatar a disciplina de partido, e ahi comenzou (seguíu?) a facer das súas. E durante a campaña electoral para as municipais de 2007 ía chorando polos camiños decindo que el sí era socialista (á vista está), quedouse con material que era do partido socialista, o cal se lle tivo que reclamar despois de moitos intentos ao anterior secretario xeral que, en concreto, a megafonía era do pobo, á concelleira que a usara durante a súa campaña e que agora non sabía onde estaba, e a min sendo Presidente da Xestora díme que non tiña nada. E logo de facerlle unha reclamación por escrito e con acuse de recibo, e si non atendía se lle reclamaría xudicialmente, dí : ¡a quén matei eu para ameazarme co xulgado?" ....." a ninguén, só tes material que lle pertence ao PSdeG-PSOE e telo que devolver, se non atendes a razóns pois so me queda esta saída, non dirás que non se che pideu por activa e por pasiva e a cada un saíches cunha cousa distinta". Para acabar dándoma, alí a tiña ben empaquetadiña, ¡¡¡VAIA SI SABIA ONDE ESTABA!!!.
José Casimiro Rey é un mentiroso, mentíu na campaña electoral, mentíu despois e segue a mentir. E que descargue culpas nesta lexislatura en Dª Mª José Cabana, cando el era o Presidente da Comisión de Urbanismo nas anteriores lexislaturas, mentras que Dª Mª José Cabana era simplemente concelleira de Cultura, Deportes e Servicios Sociais, xa non ten nome, nada máis que MENTIROSO (cousa suave). ¿Quen sube o índice a aplicar no IBI de 2008 no concello de Cabanas, do 0,4 ao 0,55 (un incremento do 37,5%), ¿quen pide unha revisión catastral?, sobre o que se vai a aplicar ese índice. O grupo de goberno cos seus máximos responsables á cabeza, D. Germán Castrillón (Alcalde do PP) e D. José Casiniro Rey (Tenente de Alcalde de AEC) .¿Quen despilfarra?, ¿Quen oculta documentación?, ¿Quen fai cousas de costas ao consentimento do pleno?. ¿Quen? => O GRUPO DE GOBERNO PP-AEC.
Xa se sabe que unha mentira repetida ata a saciedade tenta convertirse en verdade, e ao que o fai en mentiroso compulsivo.
En definitiva, que o alcalde ao non incluiur na orde do pleno as peticións dos veciños, trala tentativa por parte da oposición mediante unha cuestión de orde, o público increpouno, e suspendeu por 10 minutos o pleno, que foron máis de media hora coa chegada da Garda Civil, que non interviu ao non haber ningún altercado, e logo de 3/4 de hora baixou a reanudar o pleno seguindo a orde da convocatoria e ao levantarse a oposición para protestar, e amosando os concelleiros do grupo municipal do BNG unhas pancartas que rezaban "PP-AEC=DICTADURA", e de inmediato sen esperar a nada máis suspendeu o pleno e liscaron de alí. Polo que saín-saímos do pleno entre decepcionados e resignados, vendo como o grupo de Goberno se escabullía e non afrontaba os problemas do Concello con honra e deixar defender as distintas posturas, e tratar os restantes puntos da orde do pleno, que eran importantes: o P.O.S. e as mocións sobre violencia de xénero, e a moción sobre o transporte metropolitano. Ao grupo de goberno non lle interesa gobernar Cabanas, interésalles manipulala, e agora sacan pasquines, con máis mentiras.






So teñen que exercer a democracia, discutimos os puntos do pleno e levámolas a votación. Así de sinxelo, ....aínda que se cadra é que non entendo.
Por qué ese medo a poñer as cousas enriba da mesa?, ¿qué teñen que ocultar?, o tempo xa está a poñer a cada quen no seu lugar.
Vaianse Srs!!!

venres, 21 de novembro de 2008

Pleno Ordinario ACTUALIZADO!!!!!!

Para esta convocatoria, o PSdeG-POSE de Cabanas presenta para a inclusión na orde do día do Pleno ordinario do vindeiro 26 de novembro 3 mocións, que coma ben sabedes son ou teñen que ser presentadas como grupo mixto, e 1 mais é presentada por IVC.
A potestade de incluílas na orde do pleno é do Sr. Alcalde, xa se saberá si son ou non postas, xa que nos ten acostumados a poñer o que non molesta (recórdovos os tres intentos fracasados da Moción para que o Concello de Cabanas se adherira á Axencia da Protección da Legalidade Urbanística).
1ª/ Sobre Violencia de Xénero e:
  • Instar ao Goberno da Nación a seguir aplicando coa mesma dilixencia a Lei Integral de Medidas Urxentes contra a Violencia de Xénero e poñer todos os medios precisos para continuar sensibilizando á sociedade española contra esta lacra.
  • Instar á Xunta de Galicia a seguir aplicando dilixentemente, como ata agora, a Lei Galega para a Prevención e o Tratamento Integral contra a violencia de xénero.
  • Instar á colaboración leal do Concello coa Xunta de Galicia e co Goberno da Nación para que, no marco das súas respectivas competencias, poñan a disposición das mulleres vítimas todos os recursos posibles, implantando definitivamente a rede integral de asistencia e apoio ás mulleres vítimas da violencia de xénero, sen diferencia, en todo o territorio español.
  • Fomentar programas específicos para abordar os casos das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade no noso concello.
  • Loitar para, entre todas e todos os cidadáns, lograr erradicar a violencia de xénero da sociedade.
2ª/ Sobre o Transporte Metropolitano e: Que o Concello de Cabanas se adhira a este novo Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.
  • Que se estuden e consensúen os percorridos coas distintas asociacións veciñais e culturais, e cos grupos políticos do Concello, para facer unha proposta de Programa SIME e SUME que articule un bon sistema de transporte público que integre a tódalas parroquias do Concello.
  • Que se faculte ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Cabanas a levar a cabo o convenio de adhesión e a proposición dos Programas SIME e SUME que se cheguen a consensuar.

3ª/ Sobre os IMPOSTOS e:

  • Que se modifique o tipo do índice a aplicar nas Ordenanzas Fiscais Nº1 e Nº2 ao tipo mínimo legal, para que teñan efecto no ano 2009 e seguintes.
  • Someter a información pública o presente acordo e o texto das ordenanzas reguladoras polo prazo de trinta días a través de anuncio que se publicará no BOP e no taboleiro do Concello segundo dispón o artigo 17 do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.
  • Elevar a definitivo o presente acordo no caso de que non se presentasen reclamacións n referido prazo, segundo o establecido no devandito artigo 17 do citado do Texto Refundido, o cal será de aplicación a partir de xaneiro de 2009.

Promete ser un pleno "movido", e deseguro que con algunha saída de tono. O Goberno Local "está traballando en eso". Anímovos a ir á casa do Pobo e ver in situ o discurrir do pleno.

Actualizado (22-11-2008):

Como vos indicaba e pensabamos, o Sr. Alcalde non tivo a ben incorporar a moción do PSdeG-PSOE sobre os IMPOSTOS, nin a de IVC sobre Parques Infantís. Calquera das dúas son unha espiña, por que con elas se lles pide que fagan un control dos gastos, de maneira que sexan capaces de dirixir ben este Concello, e non despilfarrar en "obras" sin sentido.

Os recursos públicos non son ilimitados, e a este Concello faille falla un cambio na dirección, é sabido por activa e por pasiva que o Sr. José Casimiro Rey sendo tenente de alcalde é partícipe e correlixionario nese empeño en despilfarrar, e que é tanto ou mais culpable de todo. Non sei que volta lle vai a dar para decir que el non ten culpa de nada. Se cadra chora, e segue a menter decindo que é culpa da Deputación e dos demáis, súa non.

"Cóllese antes a un mentiroso que a un coxo". E os cotos privados son doutra época xa felizmente pasada, aínda que a algúns síguenlle gustando mantelos.

Sígovos animando a participar no pleno do vindeiro 26-11-2008.

martes, 18 de novembro de 2008

¡¡¡PARABÉNS!!!

Sempre tiven a boa manía de escoitar a radio á primeira (todas) hora, para escoitar os informativos, unha boa costume heredada do meu pai, pero que me trae máis dunha bronca coa familia. Non vos vou a contar o por qué, xa que o imaxinades.
E leveime unha boa alegría cando dín que tiñan detido ao que parece ser o máximo responsable da E.T.A., o Txeroki.
Na época na que vivimos, parece incrible que aínda haiba xente que teña que falar poñendo as pistolas por diante. Pero máis incrible é que haiba xente que os apoie.
Sempre pensei e sigo a pensar que a E.T.A. é unha mafia.
Súmome ás felicitacións ás forzas de seguridade de España e á colaboración que están tendo de outras, que fan todo o posible e máis por poñer a esta xente onde lle corresponde: na cárcere.

martes, 11 de novembro de 2008

Língoa Azul (Actualizado 20/11/2008)



É o nome dunha enfermidade vírica que necesita dun mosquito do xénero Culicoides para infectar aos rumiantes (vacas, ovellas, cabras e ¿corzos e cervos?). É unha enfermidade de declaración obligatoria pertencente á Lista A do Oficiña Internacional de Epizootías . Non é unha zoonose, e a súa importancia é polo impedimento de movementos de animais vivos, non dos seus productos (carne, leite, lá), hacia as zoas que están libres da enfermidade.

Hoxe en día Galicia ten declarados 98 focos, que sigue un itinerario dende a Mariña luguesa (onde apareceron os primeiros focos) e vai percorrendo a costa en dirección suroeste ata Arteixo e Culleredo últimos focos declarados.

A Língoa Azul é unha enfermidade que se pode presentar dende unha forma asintomática (perigosa por que se disemina a enfermidade sin decatarnos), ata causar lesións de diversa consideración que si colle aos animais baixos de defensas poden chegar a matalos.

Aquí vos deixo unha serie de fotos extraídas de traballos presentados en conferencias e outros de divulgación da enfermidade entre os veterinarios.

































A problemática que plantea é a posibilidade de convivencia de distintos serotipos do virus da Língoa Azul, en España están circulando actualmente os serotipos S-1, S-8 e S-4. (existen 24 serotipos), e teñen a capacidade de mutar e se conviven dous ou máis serotipos a un tempo na mesma zoa pode xurdir un novo serotipo, e toda a loita feita ata o de agora habería que comenzala de novo, xa que a vacinación fronte a un serotipo non protexe fronte ao outro.

A Consellería de Medio Rural está a vacinar dende primeiros de setembro a todo o colectivo de Bovino, Ovino e Cabrún, votando man da empresa TRAGSEGA (á que contratou a loita por 5.010.000€),


da Empresa Pública de Servicios Agrarios Galegos-SEAGA, así como dos Veterinarios laborales e tamén os Veterinarios funcionarios que queiran facer horas extras. Pero esquecéronse dun colectivo que está no campo traballando cos gandeiros levando xa o control de certas enfermidades (IBR, DVB, Neosporose e Paratuberculose) que son os Veterinarios de ADSG, e que están supervisados polos servicios veterinarios oficiais en toda a súa actuación, un colectivo de 138 veterinarios de desenrolan un programa sanitario aprobado previamente ano a ano, e que a finais de outubro pasan as auditorias do desenrolo do programa. Nas ADSG (Asociación de defensa Sanitaria Gandeira) están sobre un 40% do censo gandeiro vacuno. Do que vai de plan de loita van vacinados uns 500.000 animais de 1ª dose e uns 200.000 animais de 2ª dose. E de aquí ata finais de ano a VETDESAN (Asociación de Veterinarios Responsables de ADSG) non lle saen as contas, para ter vacinado a todo o colectivo. Cun agravante, coma é que se está descoidando a campaña de saneamento gandeiro obrigatorio, que en determinados concellos xa está caducada ( é decir, hai máis dun ano que se fixo o saneamento), e nesta si que se controlan enfermidades zoonósicas, como Tuberculose e Brucelose.

En tódalas charlas informativas e cursos sobre a enfermidade da Lingoa azul dise que a loita contra esta enfermidade será tanto máis eficaz canto máis rápida se faga a vacinación e desinsectación dos animais, é decir una vacinación en saba, facendo un anel de protección arredor dos focos. E cubrindo a todo o territorio a a tódolos animais. O colectivo de veterinarios responsables de ADSG están sendo obviados e discriminados cunhas excusas que son de neno de primaria; e somos sabedores de que seriamos dunha gran axuda dando un pulo importante ao control desta enfermidade. Por nós non vai a quedar.


Actualización 17/11/2008: Novos focos de Língoa Azul confirmados.
Actualización 20/11/2008: Novos focos confirmados, e sigue extendéndose, ¡¡¡¡e estamos no inverno!!!!
As previsións de vacinación da Consellería de Medio Rural non son acordes coa evolución da enfermidade. Síguese a vacinar sin usar o a todo o colectivo veterinario capacitado para elo. A última referencia é a contratación por parte de TRAGSEGA de persoal adminstrativo de "campo" na vacinación, coa única encomenda de cubrir papeis, teñen terminantemente prohibido "tocar" a un animal. Outro exemplo de dispendio de cartos e esforzos.

xoves, 6 de novembro de 2008

""WALL STREET e os MONOS""


Para comenzar teño que decir que non entendo de economía, de economía financieira, da doméstica dende que me fun a estudar aló polo 1986 e tiña que pasar coas 30.000 pts ingresadas puntualmente a primeiros de mes para pagar a pensión, pois modestamente teño que decir que sí.
Se cadra este comentario que me chegou por e-mail sexa moi ilustrativo, e se cadra non. Espero as vosas consideracións.
Transcriboo tal cual chegou:
“Una vez llegó al pueblo un señor, bien vestido, se instaló en el único hotel que había, y puso un aviso en la única página del periódico local, que estába dispuesto a comprar cada mono que le traigan por $10.
Los campesinos, que sabían que el bosque estaba lleno de monos, salieron corriendo a cazar monos.
El hombre compró, como había prometido en el aviso, los cientos de monos que le trajeron a $10 cada uno sin chistar.
Pero, como ya quedaban muy pocos monos en el bosque, y era difícil cazarlos, los campesinos perdieron interés, entonces el hombre ofreció $20 por cada mono, y los campesinos corrieron otra vez al bosque.
Nuevamente, fueron mermando los monos, y el hombre elevó la oferta a $25, y los campesinos volvieron al bosque, cazando los pocos monos que quedaban, hasta que ya era casi imposible encontrar uno.
Llegado a este punto, el hombre ofreció $50 por cada mono, pero, como tenía negocios que atender en la ciudad, dejaría a su ayudante a cargo del negocio de la compra de monos.
Una vez que viajó el hombre a la ciudad, su ayudante se dirigió a los campesinos diciéndoles:
Fíjense en esta jaula llena de miles de monos que mi jefe compró para su colección.
Yo les ofrezco venderles a ustedes los monos por $35, y cuando el jefe regrese de la ciudad, se los venden por $50 cada uno.
Los campesinos juntaron todos sus ahorros y compraron los miles de monos que había en la gran jaula, y esperaron el regreso del 'jefe'.
Desde ese día, no volvieron a ver ni al ayudante ni al jefe.
Lo único que vieron fue la jaula llena de monos que compraron con sus ahorros de toda la vida.
Ahora sí tienen ustedes una noción más clara de cómo funcionan el Mercado de Valores y la Bolsa”

A avaricia rompe o saco. Pero certo control fai e fará falla.

Seguindo co tema económico dos coches oficiais hoxe vexo unha nova en 20.minutos.es , e o que se me ven á mente é: sendo necesario un vehículo que cumpla unhas características de seguridade específicas,.... ¿comprouse ou alquilouse o vehículo máis económico?. O resto é coma remexer un café sin azucre.