CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


sábado, 27 de setembro de 2008

Non fai mal.....

Non fai mal quen pode se non quen quere. A sabiduría popular é moi sabia, e non son sociólogo, nin filósofo nin tan sequera político no senso actual que se ten da política, só son veciño de Cabanas que vive na parroquia de Soaserra, que dende a súa óptica ve as deficiencias que ten o entorno onde vive, veas onde naceu, onde traballa, e moi posiblemente non ve outras, pero xa mo dixo unha boa amiga: "eres demasiado noble para adicarte a eso", ao que lle contestei: "se non somos nobles na nosa vida, ¿qué é o que nos queda?".
Hai quenes queren facer mal usando temas de interés xeral, disfrazándoos de caracter individual.
Só decir que cando se usa a política para facer dano a nivel persoal, pois malo malo. E cando se tenta involucrar ás familias, ufff, moito peor. Hai que estar moi seguro do que se dí., por que xa se sabe que se colle máis rápido a un mentiroso que a un coxo.
Xa o teño dito outras veces, e non está mal repetilo: "a envidia e a hipocresía sobran". Nin son hipócrita nin teño envidia.

martes, 9 de setembro de 2008

3 anos cambiando Galicia







Hoxe día 09 de setembro de 2008 no HOTEL “SARGA” de Cabanas ás 20:00h terá lugar unha charla sobre 3 anos cambiando Galicia.

Intervirán:

Mª Debén, delegada provincial da Consellería de Traballo
José Mouriz, delegado provincial da Consellería de Educación
Delfín Feal, responsable do PSdeG-PSOE de Cabanas