CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


xoves, 19 de xuño de 2008

Seriedade + Traballo = Credibilidade

Nos últimos tempos hai unha lousa sobre os que estamos en política, que nos marca moi de cerca.
Cada pouco salta unha nova que non fai máis que salpicar aos que estamos nesto. Ahí temos a operación Malaya en Marbella o máis grave polo seu volume e os coletazos que está a dar, pero temos máis exemplos, caso Fabra, caso Mogán, Totana, Alhaurín el Grande, Ciempozuelos, a operación Bloque onde están implicados os policías locais de Coslada, grave tamén por ser os responsables de velar pola seguridade quenes están implicados; hai máis e a última é a operación Astapa en Estepona. En todos hai un máximo denominador común: poder e cartos. Lucro persoal sin escrúpulos.
Todos estes sucesos o que fan é salpicar aos que estamos polo lado, igual que cando se tira un pedroulo á auga, para o que non tira a pedra e está a traballar polo que cree tamén sae salpicado.
A seriedade e traballo trae consigo resultados, resultados satisfactorios que o que fan é darlle credibilidade ao que se fai. Pero temos un handicap que superar: ao que se fai ben non se lle dá valor nin transcendencia, xa que é o que ten que ser. En cambio a metedura de pata, sendo mala, trae máis "bombo".
Cando me pediron participar na lista electoral das municipais de maio de 2007 polo PSdeG-PSOE de Cabanas, o primeiro comentario que correo polo concello foi: "sí, é que lle prometeron un posto de funcionario na Xunta". Unha mentira coma unha casa, á que non lle dín máis transcendencia, de non ser que foron os máis achegados a mín os que sí o creeron. Se cadra hai uns anos sí se facía, pero hoxe en día hai que pasar por unhas oposicións, aprobalas, concursar e obter a plaza que corresponda pola puntuación. Se non aprobas ou non acadas a puntuación necesaria para entrar, pagas unhas taxas e apúntaste nas listas de substitución que se usan para cubrir as baixas por enfermidade, vacacións e as interinidades. Listas nas que estaba e fun "penalizado" coa exclusión durante un ano por non acudir a unha oferta de substitución, por creer que non chegaría a min a lista. Podo decir por que o vivín en persoa, que hoxe en día sí hai claridade en todo o proceso.
Dende aquí e hoxe, quixera aportar un grao de area para face-la montaña da credibilidade, comentando un pouco a charla-coloquio que onte ofreceu a Conselleira de Sanidade, Mª José Rubio Vidal, na Casa da Cultura de Fene. Onde estivo desgranando as actuacións da súa Consellería, das que podemos salientar o saneamento da sanidade galega con 413 millóns de €, facendo que os hospitais comencen o ano presupuestario libre de débedas, reducindo o pago a proveedores que permite unha mellor negociación de precios e aforrando xuros de demora, optimiza-lo gasto farmacéutico situándose case 1% por debaixo da media nacional, todo eso permite ter máis recursos para facer boas políticas sanitarias: incrementar os recursos humáns (máis médicos) con mellores ferramentas de formación e acción, reorganiza-lo sistema sanitario impulsando os P.A.C. (mellorar os centros de atención primaria: Fene vaise aumentar e van a implantar unha sá de radiografías, en A Capela vaise facer un novo edificio) para que sexan o que realmente teñen que ser a porta de entrada no sistema sanitario, para poder mellorar a asistencia hospitalaria, xa que só un 16% das urxencias que chegan ao hospital entran en planta, Plan integral da saúde da muller, Plan de saúde de Galicia, Plan galego de desenvolvemento de coidados paliativos, Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio, Plan de Galicia sobre Drogas, Programa de saúde Bucodental, Plan estratéxico de saúde mental,....
Foi unha charla-coloquio, no que non todo foron parabéns, senón que tamén se lle esixíu a redución das lista de espera, así coma a limpeza da Ría de Ferrol, xa que segundo a opinión dun asistente ao coloquio para él tiña unha relevancia na incidencia de certas patoloxías na zoa de ferrolterra.
En fin a seriedade da análise da situación do SERGAS, o traballo e rumbo trazados para o futuro darán os seus frutos en forma de credibilidade e funcionalidade.
Ese é o camiño a seguir, e non sacar normas que logo despois traen máis problemas que solucións. Hai que saber mirar o futuro sin medo.

luns, 9 de xuño de 2008

CRISE

Crise
Todo o mundo ten o dereito de protestar polo que considere máis oportuno.
Todo o mundo ten o dereito de facer as reivindicacións que estime oportunas.
Todo o mundo ten o dereito de seguir a quen estime que apoie os seus intereses.
Todo o mundo ten o deber de atorpar solucións e respetar ao veciño, e non só falar dende a barra dun bar.
Miremos por onde miremos, imos a atopar un sector en crise. Por que todo se move arredor dos derivados do petróleo. Dende un inicio ata un final, agora mesmo estamos a teclear nun derivado do petróleo.
Sería interesante facer unha análise pormenorizada do que estamos a facer coa nosa vida cotidiá. De seguro que si o facemos sairían conclusións moi ilustrativas.
O que pasa é que é moito máis cómodo vivir no presente sin pensar no futuro, o futuro danos medo simplemente por que depende de moitos factores non controlables,......
O que non entendo é, por exemplo, cando se fala de certas empresas que no seu balance de resultados díse “a empresa X só tivo uns beneficios dun 5%”, e cando se traduce esa porcentaxe saen 30 millóns de €. Claro se a previsión era de ter uns beneficios de 50 millóns de € entón ....temos crise.
Pero volvendo ás crises actuais, é moito máis fácil disparar fóra que mirar dentro. Non vou a discutir que o precio dos carburantes están a introducir un elemento distorsionador na cadea do valor engadido, por que é máis que evidente. Pero non é de recibo que se tente cargar toda esa cuestión no debe do goberno, non hai posibilidade algunha de maniobrar inmediatamente e facer frente a unha subida de 10$ nun día no precio do barril Brent, NUN DÍA. Tampouco nos imos a escudar na famosa frase de que trala guerra de Irak iamos a ter o petróleo máis barato,... sería mirar para outro lado.
O precio de partida non o pon o Goberno, sí pon o Goberno os impostos sobre hidrocarburantes, pero eses impostos cos que se graba ao gasoil en España é de 30€ por cada 100 litros que é o mínimo establecido pola Unión Europea, outros países da UE teñeno máis caro: Reino Unido 70€/100l, Alemania 47€/100l, Francia 43€/100l, Italia 42€/100l, Portugal 36€/100l.
Si pedimos a rebaixa de impostos nos derivados de hidrocarburos, debemos saber que imos a ter menos recursos,...e se estamos a pedir que o "papá estado" nos solucione o petate,... non se entende. É deber do goberno saber explicar as cousas e esixir unha mellor xestión dos recursos que se ofrecen aos diversos sectores, ... pero nós os cidadáns non temos ningunha responsabilidade neso, ¿non?, nono creo.
De tódolos xeitos o que está a proliferar son as lotarias, xogos de azar, concursos “paiaso”, ... ¿se cadra os novos engana bobos coma antes se decía do fútbol?. Non, o que sucede é que cando un quere traballar ha de ser o seu veciño quen o critique, pero se lle deixa coller unha leituga na horta, daquela é o mellor do mundo.
Para a hipocresía non hai vacina.

venres, 6 de xuño de 2008

CEIP "Eladia Mariño" Porto-CABANAS & Senator Patrick Burns School, de Calgary (Canadá)

Senator Patrick Burns School, de Calgary (Canadá)


O pasado 26 de maio no CEIP "Eladia Mariño" de Porto-Cabanas estableceuse a 1ª videoconferencia cun colexio de Canadá, o Senator Patrick Burns School. A 1ª do colexio, e a 1ª de Galicia que tivo varias recollidas na rede.
Os alumnos de 5º foron os que participaron xa que son os que están impartindo parte das clases integramente en inglés, que permitíu esta experiencia tan ilusionante de intercambio.
Miña noraboa á Consellería de Educación por levar adiante esta iniciativa elixindo ao noso CEIP "Eladia Mariño", e asemade animar á dirección do Colexio para que siga pola liña emprendida, xa que si queremos unha sociedade avanzada e culta temos que comenzar polos nenos, poñendo todo o noso esforzo en educalos en igualdade de oportunidades.