CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


martes, 26 de febreiro de 2008

Debate???

Despois do día 25-F, todos ganaron. Non hai máis que ver a prensa escrita, internet e escoitar a radio.
Para mín o debate foi soso, mais si revisamos audios e transcricións, quédanme na memoria o que dixo ZP de que "hoy se podrá comparar a dos candidatos a la presidencia de la nación, que estuvieron tanto en la labor de oposición como en la de gobierno"; é decir, son dúas maneiras de facer política comparables. Recalco comparables, por que os resultados ademáis de vir pola política feita, depende de outras variables que non pode "controlar" o goberno, pero que sí ten que tomar en conta. Así, nun momento de coxuntura mundial, onde o precio do petróleo é ascendente (a saber por qué?), onde o problema ambiental é preocupante, onde a fame e miseria agobia e apreta ós habitantes doutros paises que queren vir a España, onde aumenta a población activa, os resultados aparecen, e aparecen polas políticas feitas por un goberno progresista, que pensa en clave de pais en futuro. Creamos emprego, subimos pensións e salarios mínimos, incentivamos a educación e a investigación (que penso ten que seguir implementándose, por que é o futuro dun pais), fánse leis coma a de Dependencia, a de Igualdade.
Pois non se pode negar a evidencia, non podemos terxiversar os datos facilitados polos organismos oficiais, xa sexan españois ou europeos, xogamos coa mesma baralla. Se os datos son bos aledémonos, e digamos en que tipo de política non estamos dacordo ou como pensamos en mellorar outras.
Lín, que o verdadeiro gañador do debate será a quel que gañe o debate sobre o debate, e penso que fora dos tópicos das garabatas, posturas e xestos, habería que fixarse na dialéctica, no programa electoral.
E o PSOE con José Luis Rodríguez Zapatero ofrece o mellor programa.
Saúde e o 9 de marzo a votar con todas as nosas forzas PSOE, para que Galicia e España siga avanzando.

mércores, 13 de febreiro de 2008

A palabra vs violencia

A miña máis forte repulsa o acontecido a Mª San Gil na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, á bomba en Miño, á violencia de xénero, en definitiva ao uso da violencia vs palabra.
Coma xa teño escrito por aquí, son un devorador de radio e prensa, teño especial pasión polas tertulias (mais hai algunhas que non trago), sigo sobretodo aquelas nas que hai pluralidade de opinantes. Por que queiramos ou non somos moitos neste país e temos distintos puntos de vista.
Cando a palabra=idea=razón deixa de usarse para dar paso á violencia física=agresión=coacción, aqueles que a propuganan=non denuncian=alentan=consinten perden a lexitimidade da súa palabra.
Dá pena e tristura que haxa dirixentes=ideólogos que non saiban que eso non leva a ningures, por que exemplos hai dabando na historia.
¿Qué é o que máis valoro unha persoa?: A SÚA PALABRA, por que sexa o que sexa o que diga, sabes que non vai a cambiar. Por que cando un empeña a súa PALABRA está empeñando o seu HONOR. Pero estos dous conceptos perdéronse hai tempo. Hai homes e mulleres que SI teñen palabra, que Si se sabe cara onde van, que SI se pode CRER neles.
Aos que non teñen PALABRA chámalles a bilela Virxinia FALABARATOS, por que o que dín non lles costa nada, por desgracia hai moitos.
Cando hai asesores, que só se manteñen ao sol que máis quenta, mal para eles e mal para quenes se asesoran deles; por que só buscan lexitimar o ilexitimable, non por moito berrar non vas a facerte oir máis lonxe. Estase vendo que cando non hai ideas reais, dánse paus ao auga, para que todo siga igual pero salpicando, para foder (con perdón).
Cando un ten a idea do que quere, e teno claro, simplemente expono. E logo é a cidadanía quen o xulga; a uns polo que van facer (programa) e a outros polo que fixeron e como o fixeron.
Amighiños: ¡¡¡Cóllese antes a un mentiroso que a un coxo!!!. ¡¡¡Coidado cos falsos testemuños!!!.

martes, 12 de febreiro de 2008

Tempos modernos: "Yo alucino"

Hoxe comentáronme que no mítin de Rajoy en Alcalá de Henares alguen orneou Zapatero al paredón , non mo podía creer e buscando no google ahí o tedes. Xa o dixo o Bispo de Sigüenza yo alucino.
Tiran as pedras e son os demáis os que facemos mal: claro é que non tiñamos que estar alí onde caen as pedras, nin alí nin en ningún otro lugar, se cadra no inferno.
Hoxe escoitei na SER unha recopilación do que decía a igrexa e o que facía o PP, ían da man coma dous enamorados. Non quixera falar máis desto, pero mira tí,.... cando me dín que no querido concello de NEDA o anterior Alcalde, Carlos Pita deixou de desfilar na celebración do San Nicolás dende o primeiro ano de mandato e durante 28 anos, e agora TEGA+PP desfilaron e ata lle reservan banco para a misa,....¿sería para a misa do San Nicolás?,....NON: é para tódalas misas de domingo.
¡Qué pena, peniña, pena!, ¡Pero cara onde imos!, seremos capaces de deixarnos estar sin ir a votar.
Pero Cabanas non se queda atrás, PP+AEC, están a voltar a outros tempos: deixádeme traballar que diría o Sr. Alcalde nos plenos, eso sí, cunha sonrisa que xa a poucos lle cola. Deprimindo ao pobo: a festa do antroido foi a máis triste que recordo no Concello, por ubicación, organización,... que se tornou nunha prepotencia na que se ve que hai: Nosotros e os outros; Nosotros podemos despilfarrar (aluguer de carpas a 5900€, eso polo que temos que recaudar máis) e facer o que queiramos e os outros que se aghuanten: que piden información por escrito: pois non, que queren introducir unha moción en pleno, pois tampouco que o urbanismo non lle importa a ninguén (só aos Nosotros).
E isto non fai máis que xerar tensións dentro e fora da casa do Concello; e non é o PSOE quen crea a tensión, nin a creará. O PSOE basarase no dereito que lle asiste para defender os intereses dos veciños e veciñas, da mellor maneira posible, sempre que a Administración-Política imperante neste momento non llelo permita.
Continuará......

luns, 11 de febreiro de 2008

VISTALEGRE 2008

Onte foi a festa dos socialistas en Vistalegre (Madrid). Se cadra o que poida decir soe a "dora-la pilula", pero foi impresionante. Interviron Tomás, Pedro Solbes, Mª Teresa de la Vega, Manuel Chaves e O Presidente José Luis Rodríguez Zapatero.
Tomás incideu na súa Comunidade (xogaba na casa), Solbes coa súa maestría, dixo o que todos queremos e sabemos, menos uns cantos: España non se funde, hai máis cartos na caixa que en 2004, que estamos mellor preparados para afrontar unha crise que non foi provocada por nós (os españois, os socialistas), Mª Teresa falou da igualdade, falou do que non lle gusta ós PP's: que todos temos dereitos. Chaves: coma presidente do PSOE amosou a súa satisfación por ver coma este partido tira para adiante e o que fai é recoñecido no mundo, en Europa coa petición de que Felipe González presida o Grupo de Reflexión sobre o futuro de Europa, momento no que Felipe non tivo máis remedio que saudar ós presentes.
E O Presidente Zapatero: INCONMENSURABLE, hai que deixar claro que non nos van a calar.
O Palacio de Vistalagre estaba a reventar, non había onde poñer un pé, houbo quen se quedou fora, foi unha cita moi bonita. Nós ó chegar cedo poidemos atopar un asento. Agora toca seguir traballando para que J.L. Rodríguez Zapatero siga de presidente cun equipo de traballo potente coma o que ten, e para que Ferrolterra consiga coma 4º Deputado por A Coruña a Xavier Carro Garrote, e así ter voz propia en Madrid.
Un saúdo e agora a traballar para que a xente fale coma se fala en democracia: co voto libre.

sábado, 9 de febreiro de 2008

O Antroido xa pasou, xa enterraron á sardiña ¿ou non?

Pois, parece que non; cando eu era máis pequeno, na tempada de antroido estaba permitido as "antroidadas", e tiñalas que asumir, e estabas lexitimado para "facelas". Teño de decir que dende que meu pai "ma metera ben metida" cando me falara dos trullos, e cando comezando a traballar aló por O Incio un compañeiro case me "cola" un aviso que me faría dar un recorrido de 30km, ata hoxe non tivera ningún "percance". Máis hoxe, aínda que fora de tempo, coláronme un gol. O partido foi apalabrado en tempada, polo que non hai máis de j....se. No meu descargo teño que decir que aguantei coma un campeón durante dúas horas, dándome beliscos para saber que estaba vivindo un "acontecemento real", ademáis de mirar en todas as direccións para ver onde estaba a cámara oculta. En fín, que entrando nos 40, teño que decir que xa "paghei a novatada" (que decía a miña nai cando fora a estudar: fillo a pandota tela que paghar sempre ó principio). Disfrutadea.
A ledicia deste tempo é iso, unhas veces prepáranse e outras saen soas, pero é ledicia, cousa que non se viveu o Luns de Antroido no Concello, un luns frio, oscuro, acurunchados baixo un toldo, ..... pero sin alegría, sin a alegría que se vivía os outros anos no Pabillón de Deportes do Eladia Mariño. "Por que yo digo que se hace aquí y se hace aquí", só faltou decir o de "deixádeme traballar". Por que coma somos un concello de escasos recursos, só podemos pagar uns 5.900€ de aluguer de carpa, mellor que ir ó Pabillón que era algo máis caro( 0€).
A humildade non denota cobardía ou inferioridade senón HUMANIDADE e saber estar.
Desto carece algún personal, e sóbralle PREPOTENCIA.
Mais, xa se foi Don Carnal e gañou Dona Cuaresma, que diría o Sr.Gallardón; ou máis ben o dito popular (do pobo) "A todo porco lle chega o seu San Martiño", e tamén o que le decía o burro ó porco cando chegaba de traballar: ¡¡Qué boa vida se durara!!.
Aínda a risco de alporizar a José Luis Prieto, este é un post largo, inconexo e de desvario total. Síntoo. Pero hoxe foi así.
Noraboa a Caldelao de Caldelas pola súa apostasía.
A miña máis grande repulsa á bomba en Miño e máis a de Bergara , iso non leva a nada de nada.
Que mañán asistades ó mitín en As Pontes, no cine as 12:00, onde estará Emilio Pérez Touriño,.