CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


luns, 26 de novembro de 2007

MOI INTERESANTE
PARA REPETIR

Explicación da peza musical acompañada dunha diapositiva.

Hoxe tiven a oportunidade, xunto con outras nais (non había ningún outro pai) de asistir a un concerto instructivo dos profesores da Escola Municipal de Música de A Capela, que foi organizado polo ANPA "O Castiñeiro" (Cachú) e a dirección do CEIP "Eladia Mariño" (Mercedes), conseguindo a colaboración do Concello de Cabanas que cedeu o salón de Plenos para tan importante ocasión de inicio e toma de contacto coa música clásica.

É bonito ver coma os nenos e nenas atenden e participan.


Interpretación

Na saída comentando cos organizadores, chegamos á conclusión que eventos desta índole deberíanse potenciar máis, para darlle un contido máis cultural ó Concello de Cabanas. (Non todo vai a ser ralis e empresas de protocolo).

Noraboa ós organizadores e dende aquí, coma xa llelo manifestei, a seguir loitando pola cultura de todos e todas.

domingo, 25 de novembro de 2007

SIN TÍTULO
(ESPÉRANSE SUXERENCIAS E RESPOSTAS)

Despois de seis meses e cinco plenos, xa podemos ter un pouco de argumentos para clarifica-los comentarios. ¡¡Si é de que non o sabiamos xa!!.

A lexislatura comenza cunha maniobra de ocultación que ten coma obxetivo único o de FACILITAR as maniobras da ALCALDÍA, que non son ás de traballar polos vecinos e veciñas de Cabanas.
É decir,
a) Derógase o Reglamento do Concello de Cabanas, só coa única excusa de que obstaculiza a laboura do ALCALDE.
b) Pasan os plenos a ser bimensuais.
c) As facultades do pleno pasan a depender da Xunta de Goberno.
d) Non hai Xunta de portavoces.
e) A única Comisión que hai é a de Facenda (por que é obligatoria).

Disto deríbase que o traballo da oposición pasa a ter case de carácter bimensual, que é cando se ten acceso á Comisión de Facenda.

A imaxen que nos queren trasladar é a de austeridade, xa que criticaron e denostaron largamente á anterior Alcaldesa e acusáronna de despilfarradora. Non vou ser eu, aquí e agora, quen saia en defensa de Dª Modesta Anca, pero hai que decir que tanto PP coma IVC nas anteriores lexislaturas, enchéronse a boca decindo o moito que cobraba na lexislatura 1999-2003, con maioría absoluta, (perto das 400.000 ptas), e de que na lexislatura 2003-2007, na que quedou con maioría relativa, cos 700Є/mes eran máis que suficientes. E agora o PP coa conformidade de AEC, fai que o Alcalde Sr. Germán Castrillón teña un soldo de 2.500Є/mes e con adicación parcial (que ven a representar aproximadamente un 1'8% do presuposto municipal).

Todos temos que arrimar e axudar a levantar o Concello,... ¡¡¡cómo non!!!, Sr. Alcalde sexa un pouco coherente, un pouco de por favor, que diría o outro, e rebaíxese o soldo, a vostede e ós concelleiros delegados.

Por outra banda, tras este pleno extraordinario no que se trataron temas tan importantes como son os impostos directamente relacionados cos veciños e veciñas, o Sr. Portavoz do PP, Luis Chillón, cre que non é bo facer comparanza co IPC (o índice de referencia en moitos ámbitos da vida, un deles, é para subida de salarios en calquer convenio laboral), é ademáis fainos referencia a que seremos uns dos concellos da zoa cos impostos máis baixos. Pero a subida é a que é, un 37’5% no IBI e entre un 20-30% no IVTM.
Dinnos que no IVTM quedan exentos os que pertenzan a persoas con movilidade reducida ou a minusválidos, norma que ten que ser aplicada por que así o dí o Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro. (Somos solidarios, xa, xa)
E no IBI énchense a boca coas bonificacións do 50% ás familias numerosas, do 50% durante os tres periodos seguintes á outorgación definitiva para as vivendas de protección oficial. Pero pasan por alto a bonificación do 50% (Artigo 5.1 da ordenanza fiscal do IBI) ás empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria, tanto de obra nova coma de rehabilitación equiparable a ésta.

Tanto o IVTM coma o IBI, están deseñados para que teñamos máis vehículos e habitantes en Cabanas, ¿verdade?. Pois xa me teñen falado de cambiar o IVTM a outros Concellos onde estes veciños e veciñas poden facelo. E cando é a construcción dunha vivenda unifamiliar para ser VECIÑO/A e FAMILIA en Cabanas non se promociona (ousexa, bonifica), seguimos a crear as expectativas que parece ser que o PP, coa a axuda de AEC, ten pensado para esta Concello de Cabanas, SER UN REFERENTE PARA A VIVENDA DE 2ª OCUPACIÓN E VERANEO DE ALTO STANDING.

Logo pasamos ó servicio de PROTECCIÓN CIVIL,... pois sí, pode ser que sexa necesario, pero recordarlle que hai que ser AUSTEROS, e moito me temo que pase a ser outro saco sen fondo (dotación de roupa, vehículos, emisoras, formación,..), baixo o meu punto de vista non é prioritario, a non ser que haxa que ilos dotando e practicando para o próximo Rali a realizar no termo municipal.

Na modificación de crédito,....hai partidas que me chaman a atención: o incremento de 5.300Є para a telefonía,... a non ser que ó non estar de contínuo se teña que estar a chamar deseguido ó Sr Alcalde ou outros persoeiros para pedir permiso e visto e prace, non o entendo. Por que non se crearon concellerías para semellante incremento que fai un total de 19.800Є. Outro de 10.000Є en bens naturais e infraestruscturas, e estamos a pagar desbroces mecánicos, e perder horas de persoal para desbroces manuais polas silveiras dos rueiros, deixando montonciños polas beiras dos camiños que non fan máis que estorbar a circulación, cando temos unha desbrozadora nova do paquete e persoal para usala. Fomentamos o turismo con 6.000Є para unhas guías de sendeirismo, que non están moi á man da xente (as guías). Cada vez que se modifican os créditos increméntase a partida de mantemento de iluminación pública, xa imos nos 39.200Є e sen melloría aparente.

Temos un Primeiro Plano de Igualdade entre Homes e Mulleres, literalmente pudríndose nalgún rincón do Concello, e non sae á rúa por que foi editado pola anterior Corporación e ten a sinatura da que era Concelleira de Servicios Sociais, Dª Mª José Cabana, a cal no primeiro pleno lles díxo, que si por iso era, que lles daba permiso para que arrincaran a folla, e que o sacaran á rúa, e poñelo en coñecemento dos veciños e veciñas. A todo esto, este venres 23 pasado, fíxose un recordo ás vítimas da violencia de xénero, que deu para conmemoralo cuns pinchos e viño español.(volvemos á AUSTERIDADE, vergoñento, non sei coma non se atragantaron).

E para rematar, no P.O.S., cunha subvención cercana a 140.000Є, destínase uns 120.000Є á aglomeración de pistas, e o Sr Luis Chillón pídenos que lle deixemos romper una lanza a favor del aglomerado que ya el anterior alcalde –José C. Rey- comenzó a hacer uso de él. Se todos pensamos que o prioritario é o abastecemento de auga e o saneamento integral, pois primeiro asfaltamos, logo rompemos e por último reasfaltamos. É do máis lóxico, ¿non?. E senón facémoslle caso ó Sr. Juan Mª Campos de IVC, para que se fagan pistas piloto, con beirarrúas, alumeado,....coidado non se nos pegue moito eso do "piloto", e tamén contratamos a un técnico administrativo en banca para a tesourería remanente (¿?) e así sacarlle máis partido ( ¿non querería decir un broker das finanzas e bolsa?).

E todo isto coa complacencia do Sr. Alcalde, que eso sí: os concelleiros delegados teñen a orde expresa da Alcaldía de pedir sempre tres presupostos e darlle a obra/servicio ó máis barato, e que en Cabanas se acabaron los amiguismos. Sic.

xoves, 22 de novembro de 2007

COMENTARIOS PLENO EXTRAORDINARIO
DO CONCELLO DE CABANAS 19-11-2007

Relatorio pola orde do pleno:
1º/ Orzamento 2006 conta xeral, que estivo á exposición pública e non houbo ninguha alegación, polo que se pasa a pleno, que o aproba cos votos a favor de PP e AEC, en contra de BNG (que non está dacordo coa distribución que se fixo?) e a abstención de PSdeG-PSOE e IVC.
2º/ Ordenanza fiscal sobre Vehículos de tracción mecánica (I.V.T.M.), onde se propón unha subida do imposto que ronda entre un 20% á 30%. Ó grupo municipal do PSdeG-PSOE vai a votar en contra por ser excesiva e abusiva. Advirte dun erro no cálculo nun tramo do imposto, que aclaran, decindo que efectivamente é dun 1,2% o coeficiente a aplicar en vez dun 1,3%. O grupo do BNG tamén critica a subida decindo que sóamente ten un afán recaudatorio. IVC tamén votará en contra, por que cré que esa recaudación non ten unha xustificación de para qué van a ser os cartos, xa que hai un goberno PP-AEC, e non dín nada. O PP replica decindo que esa subida tense que facer por que hai anos que non se actualiza e que ainda así estaría por debaixo dos concellos colindantes. Dí ademáis, replicando ó PsdeG-PSOE, que non se debe facer referencia ó IPC, senón a que estamos por debaixo dos concellos limítrofes., e que se necesitan ingresos para facer cousas así coma para pagar as sentencias pendentes, e non coma dí o BNG para pagar ó RALI de TERRA de CABANAS, e que se van a facer moitas cousas. Mª José Cabana polo PSdeG-PSOE, dí que sí que hai unhas sentencias, pero que comence por baixarse o soldo. IVC comenta que sí se van a facer cousas non se saben, por que as atribucións do pleno están na Xunta de Goberno e non se sabe o que alí se fala, conxele os impostos e pida axuda ás institucións públicas por que elas tamén son responsables por deixar facer. O BNG volve a remarcar que teñen un claro componente recaudatorio.
Votación: A favor 6 (PP-AEC), en contra 5 (BNG, PSdeG-PSOE, IVC).
3º/ Ordenanza fiscal sobre Bens Inmobles (I.B.I.), o BNG comenta que segue a ter un afán recaudatorio, para pagar despilfarros en soldos políticos, empresas de ralis, etc. Ademáis a primeira bonificación á que se fai referencia e para as empresas promotoras, e non para as primeiras vivendas nin para as de carácter social. O PSdeG-PSOE comenta que a subida ronda o 37'5%, e que é excesiva e abusiva. IVC comenta o mesmo que no anterior punto, un incremento ¿para qué?, primeiro deberíase facer unha revisión catastral. AEC comenta que non entende a postura da oposición, si hai 5 anos que non se modifica, e a Campos dille que teña paciencia. O PP coméntalle ó BNG que tamén se bonifican ás familias numerosas, ás de tipo agrario,.. ó que o BNG dílle que a máxima bonificación faiselle ás empresas promotoras.
Votación: A favor 6 (PP-AEC), en contra 5 (BNG, PSdeG-PSOE, IVC).
4º/ Ordenanza fiscal sobre Actividades económicas (I.A.E.), O BNG comenta que se penaliza tanto á economía de caracter social (pequenos comercios) que son os que crean riqueza coma ás empresas do polígono, está en contra. O PSdeG-PSOE tamén manifesta o mesmo. IVC segue a preguntar ¿para qué?, ademáis recórdalle que o concello está a pagar uns servicios xurídicos a un señor (...) que non fai máis que "empufar" ó concello, pídolle que liquide a ese señor e bote man dos servicios xurídicos da Diputación Provincial que están ben acreditados.O Sr. Alcalde comenta que só se aplicará ás empresas que facturen máis de 1.000.000€ e que están para liquidar a ese señor (polo abogado).
Votación: A favor 6 (PP-AEC), en contra 5 (BNG, PSdeG-PSOE, IVC)
5º/ Modificación de crédito. Tras relatar o Sr. Secretario as partidas que se modifican e en base a qué; o BNG comenta que se incrementan unha serie de gastos en forma de despilfarro (teléfono, cultura, azafatas para FIMO, festa de Santa Marta,..), o PSdeG-PSOE entende que se modifiquen certas partidas, pero hai algunhas nas que o incremento non está xustificado, por exemplo na limpeza do colexio de Porto, que o está facendo unha empresa, que non foi sacada a concurso, o mesmo pasa coa empresa do alumeado público xa que cada vez que hai unha modificación incrementase dita partida (con respecto á empresa anterior hai un incremento de 10.7600€) sin ver melloría no servicio, e pide que a saque a concurso, no tema do desbroce e limpeza de camiños, non entende que teñamos unha desbrozadora á que ainda non se lle sacou o precinto da garantía, temos persoal para usala, e non ter ós traballadores limpando á man. E tamén pregunta o incremento en turismo para qué foi, e resposta AEC dicindo que é para FIMO e para as Guías de Sendeirismo. IVC comenta que está acostumado ás modificacións de crédito, ....comenta que ó mellor sería aconsellable contratar a un técnico economista na tesorería para sacarlle maior partido ó remanente. Non ve moito motivo de alarma, sí hai un incremento no teléfono, no rebacheo,...en fín estou dacordo. O PP critica a Mª José Cabana, polo tema da limpeza do colexio de Porto, dí que hai 4 empresas de limpeza en Cabanas e é unha delas a que está limpando. Neste punto interven tamén o Sr. Alcalde, e dí que os concellais teñen a consigna de pedir como mínimo 3 presupostos e coller o máis barato. (¿¿??).
Mª José Cabana polo PsdeG-PSOE volve a remarcar que hai partidas que non se xustifican.
Votación: A favor 7 (PP-AEC, IVC) en contra 4 (BNG, PSdeG-PSOE).
6º/ Proteccion Civil. O BNG dí que votará a favor si se modifica a lingoaxe a non sexista e si se contempla unha comisión de seguimento. O Sr. Alcalde comenta que no tema da lingoaxe non haberá problemas. e requerido pola comisión de seguimento dí que foi recollido o regulamento sobre Protección Civil da FEGAMP, e que se cadra máis adiante contemplarase.
Votación A favor 8 ( PP-AEC, PSdeG-PSOE, IVC) en contra 3 (BNG).
7º/ Subvenvcións da Diputación para Plan de Obras e Servizos (P.O.S.), hai unha subvención de 132.093'01€+5%, e proponse o saneamento de Pereiro de Abaixo (30.000€), Aglomerado Casilla-Iris, Acceso a O Salto e a Os Piñeiros (55.000€), Aglomerado As Barreiras e A Barrosa (59.000€). O BNG dí que sempre abogou por que as contratacións das obras non fosen a dedo, senón que houbese un proceso de concurso. Así mesmo critica que non se atenden ós servicios básicos. E que a zona rural foi discriminada. O PSdeG-PSOE, dí que non se oporá a ningunha obra, pero que o concello ten outras prioridades coma é o saneamento. E IVC, bota en falta o acordo da anterior lexislatuira entre PP-IVC-BNG para extender o saneamento e chegar a EDAR á Veiga, tamén critica a dinámica de adxudicar a dedo, e de aglomerar camiños. O PP rompe unha lanza a favoir do aglomerado por que é mellor que o asfaltado, e que esas son as nosas prioridades.
Votación: a favor 11. Tódolos grupos municipais.

martes, 20 de novembro de 2007

BANDA DO ROSAL
Hoxe actúa a Banda de Música de O Rosal na Sala de concertos do Centro Cultural de Caixanova en Vigo ás 21:00. Onde estreará a Composición "A Batalla de Rande" de J. Gonzalo Gómez Deval.
Tiven a oportunidade de asistir á preestrea no auditorio de Goian (Pontevedra) o domingo 18-11-2007, xa que no que actúan habitualmente en O Rosal está a rematar as obras.
IMPRESIONANTE. Se pechas os ollos, case estás a ver a batalla naval.
Por motivos de traballo non podo asistir, ainda que algo in extremis convídovos a asistir á estrea, senón fixo que, esta Banda largamente premiada, terá outras actuacións na que poder disfrutar dela.

domingo, 18 de novembro de 2007

PLENO EXTRAORDINARIO 5ª PARTE
REGULAMENTO DE PROTECCIÓN CIVIL DE CABANAS



PLENO EXTRAORDINAIO 4ª PARTE
ORDENAZA FISCAL SOBRE I.V.T.M.













PLENO EXTRAORDINARIO
3ª PARTE
ORDENANZA FISCAL SOBRE BENS INMOBLES












PLENO EXTRAORDINARIO
2ªPARTE
ORDENANZA FISCAL SOBRE I.A.E.






























PLENO EXTRAORDINARIO
1ªPARTE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO












VIAXE A PORTUGAL

Nesta fin de semana arrimamos a Oporto. A viaxe foi, coma se soe decir, ida por volta, e de compras a IKEA, centro comercial que xa coñecíamos de Asturias.
De regreso estaba dándolle voltas ás ideas seguintes:
- Dende Lavandeira sobre 300kms e 2:30 Horas de viaxe.
- E no centro, decindo que sí que é moito máis grande que o de Asturias, a aptitude da xente era máis sosegada, é unha costume xeralizada de Portugal ser pausados no falar sen grandes estridencias, pero o que máis me chamou a atención, en a lo menos tres vendedores, foi o feito de que cando lles preguntabas algo, e facíao e galego, eles sabendo que eramos españois tentaron en contestar en castelán, e preguntando se entendera.
E decir, as comunicacións de calquera tipo son necesarias, crean sempre problemas e incomodidades na súa execución, pero sirven para facer pais.
E a educación é o primordial dunha sociedade.
Nin que decir ten que dende hai tempo góstame viaxar e comer en Portugal, o Bacallau grelhado é unha das miñas debilidades.
P.D.: Á nota negra témoslla que poñer a un español, que pasándose polo arco do triunfo a normativa sobre o tabaco, comenzou a fumar pola exposición dun salón coma si a súa casa fora, imaxino que era para entrar en situación "real" e ver si era "realmente" confortable. De pena.

martes, 6 de novembro de 2007


EXCURSIÓN POLO ENTORNO, PERCORRIDO POLA HISTORIA QUERENDO O NOSO

Hoxe decidimos sair á busca e captura fotográfica dos petroglifos de Soaserra, o noso guía foi o singular Juan Permuy, profesor xubilado-activo, unha persoa coa que pasan as horas de vagar, e sempre aprendes.


Tras achegarnos ó lugar en coche, seguimos a pé.




Os pequenos exploradores estaban eufóricos e non deixaban de darnos a súas explicacións, e escoitaban a Juan cos ollos que lles saían da cara,... tanto que queren seguir explorando a zona, co beneplácito de todos por suposto.




Cruces



Motivo laberíntico nunha poza


Posible motivo animal


Juan "O profesor" examinando unha laxe,

que deixou na mesma posición con sumo coidado.



O menda, cun aspecto desaliñado. (Perdón)

Foi unha excursión na que se fixo unha vivenza que non esquecerán os nosos pequenos Noa, Manuel e Antón, nen nós mesmos. Estivemos na pena na que hai 3800 anos uns homes pasaron un tempo deixando unhas marcas, que a día de hoxe ainda non se sabe ben o seu significado.



A vella e nova cerne.



Para repetir.

APERTURA OFICIAL DO ENLACE VILAR DO COLO A FONFRÍA

Onte inaugurouse o enlace dende Vilar do Colo a Fonfría, e se cadra a alguén estalle a escoce-lo corpo; poderíase falar moito deste vial, pero o certo é que unha vez que está rematado é necesario abrilo para que comence a dar servicio.
Os problemas foron moitos, algúns solucionáronse (a auga en Laraxe, co beneplácito dos interesados) e outros teñen o compromiso e aceptación por parte da Consellería de Política Territorial de arranxarse (mellorar os accesos na parroquia de Santa Cruz do Salto).
De todo o sucedido deberíamos tirar unha conclusión, que non é outra que cando teñamos unha obra importante no noso Concello se forme unha comisión de seguimento que funcione de verdade, na que estean representados tódolos estamentos e que sirva para buscar tódolas solucións e melloras posibeis, dende un comenzo e non esperar ó remate da obra para queixarnos.
Os intereses particulares (tanto veciñais coma políticos, que sí que os houbo), deben pasar a un segundo orde, e primar os intereses xerais representados lexítimamente.
Estiven presente na inauguración, e xa recibín críticas, pregúntome o por qué?, sin estar alí non tería escoitado que hai un compromiso de arranxo dos problemas pendentes.
Seguen a tirarnos os trastos, ..... e non saben que así non se vai a ningures.