CITAS PARA PENSAR

ACTUALIDADE


venres, 31 de agosto de 2007

ENLACE EN FONFRÍA
Ante a problemática xurdida tralo comenzo do asfaltado da vía Vilar do Colo a Fonfría, e visto coma se están a definir os accesos ó nucleo de poboación do salto, os veciños achegan á representante do PSdeG-PSOE no concello de Cabanas, Mª José Cabana (KOKE) as inquedanzas, así coma que dende o concello díselles que non hai nada que facer que está todo feito. Na semán do 20 de agosto Koke contacta co delegado da Consellería D. Alberto González, que nos dí que vai facer unha rolda de visitas polos concellos da comarca para presentarse trala recente toma de posesión do cargo, e interesarse logo pola problemática.
O día 23 de agosto convocamos ós veciños de O Salto no local da asociación, onde se comentan as problemáticas e tomamos nota delas para ó día seguinte 24 de agosto poder falar co delegado logo que éste se entreviste co alcalde accidental D. José C. Rey (publícase ese día na Opinión de A Coruña unha nova que se titula "Cabanas critica a la Xunta por el trazado del vial de As Pontes",....)´.
O 24 de agosto logo da reunión de que o delegado tivo cos técnicos de obra e da consellería poidemos escoitar as súas razóns, e nós manifestar o que os veciños nos transmitiran; que non era outra cousa que mellorar os accesos a O Salto en calquera dos sentidos de circulación.
O delegado bríndase a vir a unha reunión cos veciños e representantes do Concello e dínos que nos convocará para a semana según teña a súa axenda libre, a reunión citase para o día 28 de agosto á 13:00 horas.
En dita reunión o alcalde Sr. Germán Castrillón, queixase de que a citación lle chegara ese mesmo día 28 ás 11:38 horas, .... momento de incredulidade, o delegado dille que mandara a citación o luns 27, e o Sr. Germán amosa a copia do fax para demostralo,.... e aparece data de recepción o día 27 de agosto ás 11:38 horas. (¡¡¡¡¡¡hai que mellorar os servicios administrativos!!!!!).
Coma vos podedes imaxinar alí cada quen da a súa opinión, a nosa quedou reflexada nun escrito que lle fixemos chegar tanto ós técnicos coma ó delegado. Dende o concello tamén lle achegaron unha opción. Logo fomos a ver as obras in situ, e poiden comprobar datos importantes.
Unha primeira opción que se decía era, no carril de aceleración saída a Cabanas podela cruzar a O Salto (en fronte ó camiño de O Cotiño, tanto baixando de Lavandeira coma subindo de Cabanas) e dende esa intersección facer a saída a Lavandeira; a esta opción dinnos que non por que hai que primar a seguridade e non se poden cruzar vías, e neste caso cruzamos dúas.
A opción que se lles espuxo e fixemos chegar vía email á consellería, foi razoada da seguinta maneira:
Na actualidade e tal coma se veñen realizando as obras na debandita intersección as comunicacións serían:

A) AS PONTES à O SALTO: Sen problemas.
B) O SALTO à AS PONTES: Percorrido de apróx 650m de vía de servicio + 1200m de vía rápida. (Hai que decir que esa non é a denominación da vía pero facémolo así para entendernos de qué vías falamos)
C) O SALTO à CABANAS: Sen problemas.
D) CABANAS à O SALTO: Percorrido de apróx. 1200m de vía rápida + 650m de vía de servicio.

As características de circulación na zona son:
a) Vehículos particulares (non representan problema).
b) Vehículos industriais (non representan problema).
c) Vehículos agrícolas que teñen a súa velocidade limitada a 40km/h, ó tempo que son voluminosos e que en épocas de traballo (ensilado, recollida de herba seca, purín, roturacións,...) disminuirían a súa velocidade ó levar os aperos enganchados que algúns deles exceden o ancho da cabeza tractora.

Unha solución acorde ás características técnicas da vía, que non suporía ningunha obra, e que axudaría á regulación da circulación de forma efectiva e segura, eliminando tráfico lento de maquinaria agrícola nunha boa parte da vía rápida, sería pintar unhas illas na estrada Cabanas-As Pontes (como estaban ata o de agora por mor das obras), que permitan o acceso ó Salto dende Cabanas, e ás Pontes dende O Salto usando o tramo de estrada “morta” que queda paralela á incorporación de vía rápida hacía Cabanas, prohibindo o xiro á dereita nesa intersección para acceder ó Salto dende As Pontes, xa que se usaría a vía de servicio que se habilita agora. Axudaría a limitar a velocidade nesa intersección principalmente dos vehículos que irían sentido Cabanas à As Pontes, permitindo unha incorporación máis segura ós vehículos que saen da vía rápida en sentido As Pontes. Asemade permitiría colocar a marquesiña da parada de transporte público na marxe dereita da vía de servicio do que denominamos estrada “morta”.

Agardamos que o servicio técnico da delegación o estude e se poida adoptar dita solución na que ganaríamos todos en seguridade, dando un mellor servicio de acceso á zona de O Salto cun mínimo coste.


Atentamente Mª José Cabana Rodríguez, concelleira do PsdeG-PSOE en Cabanas.
Hai maneiras de defender os intereses dos veciños, que non é outra que presentar opcións válidas e que permitan un desenrolo do núcleo nun futuro. Alí por desgracia seguimos a ver que priman os intereses particulares duns poucos que cando ven que para eles é bo, pois xa está resolto. Tampouco podemos laiarnos contínuamente do que se estivo a facer, de que "¿esta estrada qué pinta por aquí?", hai unha infraestructura que evidentemente "corta" as parroquias de Laraxe e O Salto prácticamente pola metade, pero houbo un proceso de expropiación que imaxino que nunha maioría está cobrada, e negociada as entradas ás fincas nas vías de servicio, así coma os problemas graves de augas en Laraxe, que non sin loita por parte dos veciños conseguiron solventar ( teño que decir neste punto que tamén Koke conseguíu unha entrevista co responsable de Augas de Galicia e un representante dos veciños no tema da auga que lle espuxo as reivindicacións e amosoulle documentación oficial de autorización da captación de augas que datan de comenzo da decada do 60 -se non me equivoco-, e esixíu que se respetaran as condicións pactadas no momento da expropiación), e teño entendido que coa posibilidade de mellorar o servicio de augas nesa parte da parroquia de Laraxe, coa cesión de uso e disfrute dun manantial propiedade da Consellería.
Penso que é máis importante as razóns que os berros. Se a alguen se lle ocorre outra opción que beneficie ou mellore estes accesos, pode facernola chegar ó Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Cabanas, ou directamente no rexistro do Concello (se funcionan os servicios administrativos ¡¡¡¿¿???!!!) dirixido á alcaldía e/ou Delegado de Política territorial, obras públicas e transporte.
Grazas pola vosa visita e a traballar por que Cabanas chegue a bon porto.

luns, 27 de agosto de 2007

Himno Galego e Galescolas

Ven a decir o sr. Quintana, vicepresidente da Xunta, que "non nos van a prohibir ensinar o himno galego nas galescolas".
Galescolas pode ser unha denominación de escola infantil que recolle os meniños e meniñas ata os tres anos, onde se ensinaran o que mentras están alí non poden ensinarlles os seus pais por estar traballando ben seguro para pagar dita galescola e a famosa hipoteca que todos temos, fomentarlles a motivación, movilidade e sociabilidade.
Dame pavor esa afirmación do sr. Quintana. Teño 39 anos recen cumplidos e ainda recordo o rezar o Ave María na saída da escola de Magalofes. Ufff, penso que non estamos na época da imposición.
PORNOGRAFÍA Y POLÍTICA.

Artículo de opinión moi interesante de Juan José Millás.

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2498_5_127451__Opinion-Pornografia-politica